← Novas

Comesaña: “Feijóo dará a Vigo a atención que merece e fará máis no eido das infraestruturas e dos investimentos, porque menos que estes oito anos con Sánchez é imposible”

4 min

“Vigo e a provincia de Pontevedra teñen unha oportunidade histórica para que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente de España e recibamos o trato que merecemos. Feijóo dará a Vigo e a este territorio a atención necesaria, especialmente no eido das infraestruturas e dos investimentos, porque menos que estes oito anos con Sánchez é imposible”. Deste xeito, o cabeza de lista do PP ao Congreso, Julio García Comesaña, resumiu o almorzo informativo celebrado hoxe en Vigo co gallo do inicio da campaña electoral do 29-N e que contou coa presenza do presidente provincial, Luis López, e da presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez.

Comesaña e López enumeraron de xeito compartido os 13 agravios de actuacións necesarias para Vigo que figuran paralizadas, retrasadas, empeoradas, ficcionadas ou suprimidas e entre as que figuran a liberalización e gratuidade da AP-9, a integración da autoestrada en Teis, o servizo ferroviario, o AVE directo por Cerdedo, a Saída Sur cara Portugal, a prolongación da A-52 ata a cidade para evitar a A-55, o mal estado do firme da A-52 e de todas as vías nacionais, a falta de construción de vivenda pública, a Biblioteca do Estado, a reforma do Instituto Oceanográfico, o porto coa categoría nodal e máis investimentos, a revitalización do aeroporto de Peinador e a mellora de comisarías e dotación de axentes da Policía Nacional.

“Cremos que esta lexislatura foi absolutamente perdida para as infraestruturas de Vigo e do sur da provincia e que o balance pendente é profundamente decepcionante. Desde 2018 sucedéronse os anuncios, compromisos, estudos e promesas renovadas, pero os avances materiais foron mínimos. A nosa cidade e Galicia non precisa doutra rolda de promesas, senón decisións, orzamentos e obras”, manifestou Comesaña para concretar o abandono e discriminación que sufriu a cidade estes oito anos e revelando que estas palabras textuais “concordan co que pensamos no PP, pero non son nosas, senón que están recollidas das opinións e editoriais dos medios de comunicación de Vigo”. “Estamos máis incomunicados e illados que nunca: os trens non funcionan, avións non hai e as estradas son tan perigosas que hai que circular a modo”, aseverou Comesaña.

AVE POR CERDEDO, DA DESAPARICIÓN Á HIPOCRISÍA

Pola súa banda, Luis López exemplificou o “abandono absoluto” a Vigo co AVE directo por Cerdedo, lembrando os cambios do PSOE con este proxecto, desde a “carta aos Reis Magos” manifestada por Óscar Puente na súa toma de posesión como ministro, pasando pola supresión deste ramal no mapa oficial da alta velocidade a finais de 2025 ata chegar ao recente día da súa dimisión “no que pechou o círculo da hipocrisía dicindo que faltando o AVE por Cerdedo”.

Deste xeito, o presidente provincial do PP engadiu que o sucedido con este proxecto de alta velocidade directa a Vigo pode extenderse ás demais infraestruturas e investimentos “imprescindibles para a cidade” e lamentou que Sánchez e os socialistas “marearan á provincia e se burlaran da cidade entre os aplausos do alcalde Abel Caballero e dos demais candidatos a Congreso e Senado”. Nesta liña, López afeou que o rexedor, en vez de esixir o que Vigo se merecía e precisaba, se imitase “a proclamar a bombo e pratiño unha e outra vez que ‘isto está feito’ ou ‘isto vai a toda a velocidade’ malia toparse coa realidade do maltrato, discriminación, castigo e abandono a Vigo e á provincia”.

Ademais, Luis López tamén lembrou que os socialistas vigueses volveron relacionarse de novo en profundiade coa corrupción do seu partido, en referencia á sinatura da fontaneira do PSOE, Leire Díaz, no Libro de Honra da Deputación no anterior mandato ou as súas relacións e afectos con candidatas do PSOE, polo que apelou ao voto útil para o “cambio necesario”. “Só hai unha papeleta que lle sirva a Vigo e á provincia, a do PP, o resto de opcións políticas, de todas elas, só servirá para apoiar a Pedro Sánchez”, concluiu.

LUISA SÁNCHEZ: “FORON DEVASTADORES PARA VIGO”

Finalmente, a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, celebrou o peso da cidade nas listas do PP pola provincia e apelou a traballar con “intensidade” estas últimas dúas semanas “para botar da Moncloa a Pedro Sánchez e ao peor Goberno que sufrimos nunca”.

“Os seus oito anos de Goberno foron devastadores para España e tamén para Vigo, onde ten ao seu maior fan, un Caballero que demostrou ser un sanchista máis. E, como o BNG, foi a cambio de nada”, apuntou a presidenta local do PP, que aseverou que “a lista de agravios é moi longa, pero Caballero está encantado porque conseguiu unha medalla para si mesmo, a cidade non lle importa”.

Novas