Miguel Paz: “A suba de impostos e taxas neste mandato nun 40% na Illa non a dicimos desde o PP, senón que aparece recollida nos orzamentos do bipartito”

Sábado, 11 de abril de 2026

“Por moito que Manuel Suárez se poña a facer gráficos e debuxos e a falar de cousas que non teñen que ver cos impostos, como a débeda municipal, hai unha suba clara e rotunda dos ingresos e da recadación fiscal na Illa dun 40% neste mandato, curiosamente xusto desde que o BNG se incorporou a este nefasto bipartito. E isto non o dicimos desde o PP, senón que aparece recollida nos propios orzamentos deseñados e aprobados polo executivo PSOE-Bloque”, manifestou o vicevoceiro popular, Miguel Paz, ante os intentos do tenente de alcalde nacionalista, Manuel Suárez, de negar a situación tributaria municipal que sufren os illeños.

Desde o PP arousán quixeron exemplificar estes feitos cos datos económicos recollidos nas contas do propio goberno desde a situación deixada polo anterior executivo en solitario do PSOE ata a actualidade:

 

Ano Recadación en impostos e taxas Poboación Presión Fiscal Goberno
2026 2.764.414€ 4.809 574,8€ PSOE-BNG
2025 2.454.650€ 4.849 506,2€ PSOE-BNG
2024 2.277.506€ 4.876 467,0€ PSOE-BNG
2023 1.999.854€ 4.878 409,9€ PSOE

 

“Como ben di Manuel Suárez coa súa prepotencia habitual insoportable para a veciñanza no PP da Arousa somos uns ignorantes –ironizaron, pero para a súa tristeza sabemos contar e, aínda que non o crea, os veciños tamén”, ironizou Paz, que lle replicou ao nacionalista que as contas de 2023 contemplaban 1,99 millóns de euros en ingresos fiscais e as actuais suben a 2,76 millóns de euros. “Hai un forte aumento dos impostos e non é porque haxa máis contribuíntes, xa que os veciños son os mesmos ou incluso uns poucos menos, así que se a xente se mantén estable e os impostos están conxelados segundo di el, xa nos dirá de onde saen eses 764.560 euros máis de recadación fiscal”, se preguntou o vicevoceiro popular.

Ademais, Miguel Paz incidíu que A Illa ten a presión fiscal máis elevada de entre os concellos da súa categoría –ata 5.000 habitantes– e incluso da superior –ata 10.000–, cifrándose nuns 575 euros por habitante ao ano e lembrou que nos orzamentos cos que arrancou o mandato era de 410 euros, “que xa lle chegaba por parte dos socialistas, pero desde que se incorporou o BNG aumentou a voracidade contra os petos dos veciños”.

“O dato mata o relato e todo o mundo na Illa sabe, porque viron as subas nas ordenanzas que se aprobaron nos plenos e porque o notan nos recibos, que as forzas de esquerda estannos fritinto a impostos e taxas, e ante iso o alcalde e o PSOE se agochan covardemente e Suárez e o BNG aínda sacan peito como se fora para presumir”, concluíu o concelleiro popular.