Maril critica o retraso na obra do Skate Park de Silleda

Silleda, 6 de setembro de 2025.

O voceiro municipal do PP de Silleda, Ignacio Maril, criticou que máis de un mes despois de que a Alcaldesa Paula Fernández anunciase o inicio das obras do skate park de Silleda, a obra siga paralizada e sen que o Concello faga nada para tela lista canto antes para que a podan disfrutar os rapaces.

Para Ignacio Maril, esta e unha mostra máis de que a Alcaldesa so vive para facer anuncios nas redes, pero despois e incapaz de levar a cabo a xestión do Concello, “A Alcaldesa debería facer un vídeo para explicarlle os veciños porque unha obra que levan prometendo anos aínda non esta executada, porque unha obra que debería de estar rematada a principios de xaneiro deste ano aínda se atopa a dá de hoxe sen rematar, porque no último mes dende que se anunciou o incio da obra aínda non fixo nada, e sobre todo porque non se axilizaron os trámites para que os rapaces a puidesen ter lista para utilizala durante os meses de verán, e veremos aínda se a poden utilizar este inverno.”.

Para o voceiro popular esta situación e un despropósito dende o principio, “Licitaron a obra, contratarona deixaron pasar o tempo sen facer nada para despois xustificar que non se podía facer, reduciron a obra a metade e sin embargo mantiveron o prazo de execución sen ningún tipo de xustificación modificando sustancialmente as condicións cas que sacaroon a obra a licitación, e sin embargo no Concello non pasa nada, o único que pasa e que o final os chanchullos da Alcaldesa e do seu grupo de goberno acábano pagando os veciños e sobre todo os rapaces de Silleda.”.

Dende as filas populares lembraron ademáis que  de non ter sido pola ampliación de prazo outorgada pola Deputación para a execución destes proxectos, o goberno de dona Paula Fernández Pena tería perdido a subvención da Deputación que financia esta obra, polo que o edil do PP pideulle a Dona Paula Fernández que se deixe de excusas e que asuma a súa responsabilidade, “O que lle pedimos e que se poña a traballar, xa sabemos que lle gusta máis o conto e a actuación, pero o que lle importa os veciños e a xestión e a execución.”.