Máis de 300 persoas asistiron onte ao tradicional Xantar de Nadal do PP de Mondariz, Ponteares e Mondariz-Balneario

Mondariz, 14 de decembro de 2025.-

Máis de 300 persoas xunto ao presidente Luis López, Nava Castro, Pablo Barcia, Marisa Domínguez e moitos compañeiros e veciños, asistiron onte ao tradicional Xantar de Nadal do PP de Mondariz, Ponteareas e Mondariz-Balneario, que se celebrou na pizzeria O Castelo.
O encontro servíu para seguir fortalecendo o contacto coa militancia e para poñer en valor o gran traballo levado a cabo polos 3 presidentes locais, tanto dende a alcaldía, como é o caso de Ponteareas e Mondariz, como da oposición, con Marisa Domínguez ao fronte do PP de Mondariz-Balneario.
 
 “Penso que estas xuntanzas son sempre moi boas. Serven para que compartamos uns intres nestas datas festivas e sobre todo para amosar a unidade e compromiso do noso partido, algo fundamental sempre, porque unidos traballaremos moito mellor e acadaremos os nosos obxectivos”, indicou Luis López