Máis de 150 persoas enchen a asamblea informativa do PP de Cerdedo-Cotobade
29 de decembro de 2025
O PP de Cerdedo-Cotobade vén de celebrar unha asamblea informativa aberta que reuníu a máis de 150 militantes, simpatizantes, colaboradores e veciños que encheron o centro sociocultural de Tenorio.
O acto estivo encabezado polo alcalde e presidente do PP local, Jorge Cubela, e tamén contou coa presenza da secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro.
Nesta convocatoria fíxose balance dos moitos fitos, investimentos e servizos acadados na primeira metade do mandato municipal e expuséronse os proxectos principais para o ano 2026.