Luis López: “Redondela é un concello intelixente e sabe que o seu futuro ilusionante pasa por Javier Bas de alcalde e o PP no goberno local”
Sábado, 12 de setembro de 2026.-
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, destacou o gran traballo da agrupación local de Redondela, con Javier Bas ao fronte, e lembrou que se trata dun “exemplo” en toda a provincia polo seu “gran traballo colectivo totalmente oposto ao actual goberno local”. Por iso, augurou que Javier Bas regresará á Alcaldía a partires de maio de 2027 e salientou que, malia estar na oposición, “nunca se deixou de comportar como rexedor, atendendo aos veciños e intermediando sempre nos temas de interese para o concello”.
“Redondela é un municipio intelixente e sabe que o seu futuro ilusionante pasa por Javier Bas de alcalde e o PP no goberno local, porque é contrario ao que se sufre na actualidade, un tripartito do Non cun modelo esgotado, convertido nun mal sucedáneo do modelo de confrontación de Vigo, que carece de proxecto e de capacidade e que só protagoniza unha fuxida cara adiante chea de oportunidades perdidas”, sinalou o tamén presidente da Deputación.
Luis López realizou estas manifestacións, xunto ao propio Javier Bas, co gallo da segunda edición do Tarde de Fin de Verán, que reuniu a 300 veciños no Pazo de Petán e que tamén contou coa presenza da conselleira María Martínez Allegue, o voceiro parlamentario do PPdeG, o redondelán Alberto Pazos, e a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro.
Pola súa banda, Javier Bas avogou por cambiar o actual desgoberno nas eleccións de dentro de oito meses “para devolver a Redondela ao lugar que merece como cuatro concello da provincia e no que xa estivo, con ambición e liderado, durante os oito anos de goberno popular”. O voceiro municipal lembrou que o PP xa demostrou a súa fortaleza e xestión no executivo “o que permitía que Redondela avanzara” e contrapuxo ese período co actual de Digna Rivas, no que o Concello só é noticia polo seu retroceso, os impagos, os máis de 8 millóns de euros en axudas perdidas, os conflitos ou a falta de investimentos.
“Redondela debe volver a pensar en grande”, aseverou Bas, que enumerou os eixos do seu programa para o mandato 2027-2031 e que se centran na aprobación dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a consecución de solo para vivenda pública, un transporte interparroquial, a creación de prazas de aparcadoiro, unha Comisaría de Distrito para reforzar a seguridade, un Plan de Atención Parroquial (PAP) de carácter prioritario, a debida atención a Chapela comezando pola construción do pavillón e da escola infantil, o ambicios Espazo Cultural e Xuvenil A Marisma e a creación do servizo de prevención e extinción de incendios, esixido por sentencia xudicial e negado polo actual goberno.