Luis López agradece a Sabela Fole o seu traballo por demostrar que o PP é o partido co mellor proxecto para Cambados

Pontevedra, 21 de decembro de 2024.-  

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, quixo mostrar onte o seu agradecemento á líder local do partido en Cambados, Sabela Fole, e a todo o seu equipo por deixar claro co seu traballo ao longo deste ano que o mellor proxecto para os cambadeses e cambadesas é o que lles ofrece o PP.

No pincho de Nadal organizado na tarde de onte polo partido en Cambados, destacou que sempre é unha boa idea xuntar aos afiliados e simpatizantes do PP nestes días e agradeceu o gran traballo feito neste ano pola voceira local do partido, Sabela Fole: “Aínda ten por diante meses de duro traballo cunha oposición nada doada fronte a un multipartito que nin se poñen de acordo entre eles, o que fai aínda máis difícil que Cambados poida ter a xestión que realmente merece e que necesita”.

Pero o que non lle falta a Sabela é carácter e ganas de traballar, e así o amosa día tras día, cun arduo e difícil traballo, ao carón dos veciños e veciñas de Cambados, escoitando as súas demandas e necesidades co único obxectivo de poder conseguir que teñan o que se merecen”, concluíu-

SABELA FOLE: “CAMBADOS MERECE UN GOBERNO DO PP”

A voceira popular, Sabela Fole, agradeceu a todos os presentes a súa asistencia: “Nestas datas é moi gratificante poder xuntarnos un ano máis, ver que o partido está unido e con ganas de seguir traballando”

Entre todos imos conseguir o obxectivo de que Cambados volva ser un concello gobernado polo Partido Popular, que é o que se merece e non este despropósito que estamos vendo diariamente, con idas e vindas dos socios do goberno que o único que fan e prexudicar os nosos veciños”, indicou.

A popular cambadesa animou aos afiliados e simpatizantes a seguir traballando unidos por e para Cambados, agradecéndolles a todos eles súa confianza e o seu apoio constante.