José Caramés concorrerá como único candidato á presidencia de Novas Xeracións de Vigo no Congreso Local do 3 de outubro

24 de setembro de 2026

José Caramés Fernández (Vigo, 2005) concorrerá como único candidato á presidencia da agrupación local no Congreso Local de Novas Xeracións de Vigo, o vindeiro 3 de outubro.

O Comité Organizador do Congreso (COC) proclamou oficialmente a súa candidatura tras superar amplamente o número mínimo de dez avais que se require para optar á presidencia de NNXX Vigo.

Nado en Vigo no 2005, José Caramés estuda na actualidade 4º curso do dobre grao de Dereito e ADE. Está afiliado ao Partido Popular desde 2022 e forma parte do Comité Executivo do PP de Vigo, que preside Luisa Sánchez. Así mesmo, ostenta o cargo de vicesecretario de Organización de NNXX da provincia de Pontevedra.

Tras concluír o prazo de presentación de candidaturas, ábrese o período de campaña electoral ata o 30 de setembro, no que José Caramés poderá explicar o seu proxecto á militancia. O proceso culminará coa votación e celebración do Congreso Local, o sábado 3 de outubro.

O COC está presidido por Borja Rodríguez Fontán e nel tamén están integrados Isaías Gil Rodríguez e Aldara Vázquez Rodríguez.