Irene Garrido e Nidia Arévalo manteñen unha xuntanza cun veciño que tivo que presentar unha reclamación perante a Comisión de Peticións do Congreso pola falta de resposta do alcalde da Cañiza

Pontevedra, 20 de marzo de 2026.-

A deputada nacional, Irene Garrido e a senadora, Nidia Arévalo mantiveron esta mañá unha xuntanza cun veciño do concello da Cañiza que tivo que presentar unha reclamación á Comisión de Peticións do Congreso pola falta de resposta do concello polas súas reclamacións.

O veciño tivo que dirixirse expresamente á presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, reclamando atención pola falta de saneamento e o abandono dos servizos básicos que están a sofrir os residentes da parroquia de A Franqueira, na Cañiza.

“Teño presentadas repetidas reclamacións ante o concello. Sen embargo, pese ás promesas públicas do alcalde, non se tomou ninguna medida. A situación agrávase pola condición de deputado nacional do alcalde”, explicoulle o veciño ás populares pontevedresas.

Entre as reclamacións destaca a situación de abandono e carencia de servizos esenciais que padecen os residentes na parroquia de A Franqueira, e que afectan gravemente á saúde, á seguridade e á calidade de vida da poboación que alí vive; como son vivendas sin estar conectadas á rede pública de saneamento, tengo que facer uso de fosas sépticas co risco sanitario que comporta.

Falta de control e xestión na traída de augas do barrio, das cales non se coñecen nin análisis nin tratamientos. Ademáis dunha deficiente cobertura de telefonía móvil, inexistencia de fibra óptica e falta de transporte público suficiente para unha poboación maioritariamente xubilados con mobilidade reducida.

As populares deronlle traslado do inmiente arranxo da estrada EP-5001 por parte da Deputación de Pontevedra, que ya conta cun proxecto de mellora por importe de 270.000€.