Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Angel Moldes: “O que máis lle molesta a Santos Héctor do pacto do PP é que sabe que no PSOE serían incapaces de facelo”

    • Rétao a que faga el o mesmo que Nidia Arévalo e ceda a súa acta de deputado para que os demais concellos que non sexan Vigo tamén poidan ter representación.
    • “Secadra o que ten os días contados como secretario provincial do PSOE é el mesmo”
    • A diferenza entre Carmela Silva e Nidia Arévalo é que a popular é unha alcaldesa elixida polos veciños de Mos e Carmela Silva foi posta a dedo por Caballero.

     

    Pontevedra, 24 de xullo de 2017.- O voceiro do PP Provincial, Ángel Moldes, considera que o que lle molesta ao secretario provincial do PSOE, Santos Héctor,  do relevo de deputados populares é que sabe que o seu partido sería incapaz de chegar a un acordo desas características.

    O voceiro do PP recórdalle ao secretario provincial socialista que este pacto fíxose público hai dous anos e era coñecido por todos. “Para el debeu ser unha sorpresa, debeu ser o último en enterarse, pero cabe recordarlle que só se materializou un acordo verbal e se cumpriu a palabra dada”.

    “Os deputados populares demostraron que unha palabra e un compromiso verbal ten tanto valo como un documento”. Non precisamos asinar ningún papel para cumprir o que prometemos e este é un exemplo, algo impensable para os socialistas”. 

    Moldes reta a Santos Héctor a que teña a mesma solidariedade cos seus compañeiros de partido e a que faga o mesmo que fixo a deputada Nidia Arévalo aínda sendo alcaldesa. “Nidia cede o seu posto a un compañeiro que está na oposición porque no PP entendemos que todos os concellos sexan grandes, medianos ou pequenos teñen os mesmos dereitos a estar representados, os do PSOE de Vigo sen embargo desembarcaron todos en Deputación sen ter en conta aos demais concellos porque non respectan aos seus compañeiros sexan alcaldes ou non”.

    Retámolo a que ceda a súa acta de deputado para que un compañeiro seu que está na oposición poida formar parte do grupo provincial pero tamén a que lle pida opinión aos concelleiros e alcaldes socialistas de outros concellos da provincia “a ver que opinan do pacto do PP e que opinan de que a maior parte dos deputados socialistas sexan de Vigo, porque estamos seguros que no PSOE tamén prefiren unha maior representación dos concellos máis pequenos, non só porque se lle darían oportunidades a todos por igual senón porque quizais así terían maior sensibilidade cos concellos de menos tamaño para entender os seus problemas e necesidades”. 

    CANDIDATA DE MOS

    En canto ao futuro de Nidia Arévalo como candidata de Mos, Moldes faille outra recomendación a Santos Hector “que non se preocupe tanto dos líderes do PP e que se preocupe máis polo candidato do PSOE en Mos e polo seu propio futuro. “Porque secadra o que ten os días contados como secretario provincial do PSOE é el mesmo”.

    A diferenza entre Carmela Silva e Nidia Arévalo é que a popular é unha alcaldesa elixida polos veciños de Mos, a quen se lle debe un respecto, Carmela Silva foi posta a dedo por Caballero, non foi elixida nas urnas.