O PP de Moaña lamenta que a alcaldesa non responda no pleno ás preguntas que lle formula a oposición

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Moaña lamenta que a alcaldesa non responda no pleno ás preguntas que lle formula a oposición

    • Fervenza considera que o motivo principal é o descoñecemento de Leticia Santos da vida municipal.
    • O día que se preocupe menos da foto e máis do seu concello igual pode empezar a contestar ás preguntas que lle formulamos desde a oposición e máis ás que lle formulan os propios veciños.
    • “Na sede do BNG non se arranxa a vida municipal, e os veciños de Moaña non lle pagamos para que traballe para o BNG senón para que traballe polo seu concello”.

     

    Moaña, 30 de xuño de 2017.- O voceiro do PP de Moaña, José Fervenza, critica a actitude da alcaldesa, Leticia Santos, por tratar por todos os medios que o Partido Popular lle faga preguntas no pleno. Primeiro pediron que as preguntas se formularan previamente por escrito 5 días antes do pleno, así se fixo, pero no pleno de onte apareceu unha sorpresa máis, o tempo que o PP podía dedicar a formular rogos e preguntas era de 5 minutos antes de levantar sesión e as preguntas responderanse en Comisión, é dicir, 15 días máis tarde e sen público.

    Todo, segundo Fervenza porque “trata de evitar aqueles temas que non lle interesan, esconder as críticas que fai a oposición e que non se aprecie publicamente, e diante dos veciños que asisten ao pleno, o seu descoñecemento sobre asuntos municipais”.

    O PP aclara que as preguntas que se lle formulan a alcaldesa son de ámbito estrictamente municipal e que “en teoría, a rexedora local non debería ter problemas para contestar, pero parece que ten certas limitacións, quizais por ignorancia, por pasotismo ou por non entender que a oposición ten que exercer o seu labor de control ao Goberno local”.

    Nesta liña, Fervenza esixe á alcaldesa que “se poña ao día con todos os temas municipais que sexan da súa competencia para no próximo pleno non ten problemas á hora de responder con seriedade a temas importantes para Moaña”.

    Os populares recordan ademais, que nunca antes con ningún alcalde se producira unha situación similar; “os plenos chegaron a durar ata as 2 da mañá sen que ningún grupo político vira limitadas as súas posibilidades de intervir, respondíanse todas as preguntas no pleno, se se dispoñía da información, e por suposto nunca se intentou controlar á oposición como está facendo agora a alcaldesa”. 

    O Partido Popular presentou por esta mesma cuestión unha queixa ante a Valedora do Pobo, aínda que consideran que o principal motivo das limitacións que se están impoñendo débese ao descoñecemento da alcaldesa dos temas municipais, a pesar de levar dous anos no Goberno local. “O problema é que non se entera de nada, incide Fervenza, de aí que sempre evite preguntas ou llas derive aos demais concelleiros”.

    PASEOS Á SEDE DO BNG EN SANTIAGO

    Fervenza considera que “se en lugar de ir tanto á sede do BNG a Santiago e andar de paseo con Ana Pontón se dedicara ao seu Concello, a presentar proxectos nas Consellerías mellor  lle iría a todos. “Na sede do BNG non se arranxa a vida municipal, e os veciños de Moaña non lle pagamos para que traballe para o BNG senón para que traballe polo seu concello”.

    O día que se dedique a presentar proxectos e a preocuparse menos da foto e máis do seu concello igual xa pode empezar a contestar ás preguntas que lle formulamos desde a oposición e máis ás que lle formulan os propios veciños, que teñen que ver como a alcaldesa ou “non sabe ou non contesta”. 

Add comment


Security code
Refresh