Alfonso Rueda reúnese coa Xunta Local do PP de Silleda

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda reúnese coa Xunta Local do PP de Silleda

     

    Silleda, 5 de xullo de 2017.- O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde unha reunión coa Xunta Directiva do PP de Silleda, liderado polo voceiro Jose Luis Espiño. Trátase de unha reunión ordinaria, enmarcada no calendario de xuntanzas que Rueda vén realizando por toda a provincia desde hai máis de un ano, para escoitar ás directivas locais, facer unha análise da situación do partido e falar da súa organización para os próximos meses.

    “Queremos escoitar aos nosos afiliados, escoitar propostas ou queixas, todo o que nos teñan que dicir e falar tamén do traballo que se está realizando”, sinalou Alfonso Rueda.

    Durante o encontro, tamén acordaron valorar a posibilidade de incluír a Silleda no calendario de congresos locais que se van celebrar a finais deste ano na provincia, se ben Alfonso Rueda remarcou a importancia de seguir traballando para visibilizar todo o traballo que o PP de Silleda está facendo na oposición municipal e recoller as inquietudes e suxestións dos seus veciños “Somos o partido que máis se parece ás persoas, e por iso temos que seguir a pé de rúa para escoitar todo o que nos teñen que dicir, todo o que poden aportar, e deste xeito reforzarnos e prepararnos para afrontar as próximas eleccións municipais”.

Add comment


Security code
Refresh