Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • OS POPULARES PIDEN QUE SE RECUPEREN AS AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS IMPLANTADAS POLO ANTERIOR GOBERNO MUNICIPAL

    • Este programa de axudas, que facilitaba a creación de novos proxectos empresariais xeradores de emprego no municipio, foi dexado a un lado polo actual executivo
    • A proposta dos populares contempla que se subvencione, a todos aqueles empresarios e PEMES que se constitúan ao longo do 2017 no Porriño, o 100% dos gastos ocasionados por cotizacións á Seguridade Social ou Mutualidade correspondente a anualidade dun traballador, ata un máximo de 1.500 euros, e establece que a partida económica mínima destinada a tal fin deberá ser de 50.000 euros

     

    O Porriño, 2 de maio de 2017.- O Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño solicitará en pleno a recuperación do programa de Axudas Municipais á creación de empresas posto en marcha  no ano 2013 polo anterior Goberno Municipal.

    O Porriño é unha vila eminentemente emprendedora, como o reflexa o volume de negocio xurdido en torno a ela e, un dos condicionantes máis importantes á hora de crear unha empresa, aínda que non o único, é o conxunto dos recursos económicos necesarios para a súa posta en marcha. Conscientes destas dificultades, e co obxectivo de fomentar a creación de novos proxectos empresariais xeradores de emprego no municipio, os populares puxeron en marcha no ano 2013 un programa de “Axudas municipais á creación de empresas” que mitigaba, en parte, o esforzo económico que afecta a toda aquela persoa que decide emprender e que, en moitos casos, é o primeiro obstáculo ao que se enfronta.

    Estas axudas foron deixadas a un lado polo actual executivo, polo que o grupo municipal popular solicitará ao pleno da corporación a recuperación das mesmas. A proposta dos populares contempla que o devandito programa preste axuda a aqueles empresarios individuais e PEMES que se constitúan ao longo do 2017, sempre que teñan o seu domicilio social o Porriño, independentemente  da súa forma xurídica.  A moción propón que se subvencione aos emprendedores do municipio o 100% dos gastos ocasionados por cotizacións á Seguridade Social ou Mutualidade correspondente a anualidade dun traballador, ata un máximo de 1500 euros e establece que a partida económica mínima destinada a tal fin deberá ser de 50.000 euros.