Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alberto Pazos recomenda a a Carmela Silva que na súa reunión con Susana Díaz pida consello de como rexenerar o PSOE de Vigo

    •  “Se quere que insulte, porque xa se define a si mesma, pero entre insulto e insulto ao Partido Popular tampouco estaría mal que dera algunha explicación sobre o caso dos supostos enchufes da súa cuñada”.

     

    Pontevedra, 29 de abril de 2017.- O deputado autonómico e membro do PP de Pontevedra, Alberto Pazos, recomenda a Carmela Silva que aproveite a reunión coa súa referente do PSOE andaluz, Susana Díaz, para pedirlle consello de como rexenerar o seu partido en Vigo.

    “O que non imos tolerar é ese ton ameazante a representantes do Partido Popular. Se quere que insulte, porque xa se define a si mesma, pero entre insulto e insulto ao Partido Popular tampouco estaría mal que dera algunha explicación sobre o caso dos supostos enchufes da súa cuñada”.

    Nesta liña explica que “foron varias as ocasións nas que se lle pediu explicacións  do que estaba a acontecer en Vigo, a última vez no Parlamento, onde ademais se lle dixo que na Deputación de Pontevdedra imperaba a lei do silencio, ela daquela enfadouse moito pero  en vez de tomalo como unha crítica, vendo as súas últimas ameazas, debeu pensar que era unha suxerencia de comportamento.