Ao acto acudiu tamén, a presidenta do Congreso, Ana Pastor
Pontevedra, 28 de abril de 2017.- O Congreso do PP de Bueu celebrarase antes de finalizar este ano, durante a segunda rolda de congresos que se celebren na provincia despois do verán. Así o confirmou o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, no acto celebrado esta tarde no Hotel Incamar de Bueu, no que a xestora recén elixida e presididida por Manuel Freire lle rendeu un recoñecemento a todos os que nalgún momento formaron parte das candidaturas do Partido Popular na localidade.
Rueda falou da necesidade de reconstruír o partido en Bueu e de recuperar o apoio de todos aqueles veciños que de forma incondicional votan ao Partido Popular en todas as convocatorias excepto nas municipais. “Imos a celebrar un congreso durante este ano, porque o partido está desmotivado, faise necesario darlle un pulo, recuperar o apoio dos nosos votantes e crear ilusión nos afiliados”.
“Non se vai prescindir de ninguén, ao contrario, queremos contar coa experiencia dos ex concelleiros, dos ex alcaldes, coa opinión dos nosos afiliados e atraer xente nova porque tamén teñen moito que aportar”, explicou.
Nesta líña, o líder provincial dos populares incidiu en que “se somos un partido que temos o apoio da xente é porque somos capaces de traballar unidos polo que de verdade importa. Os resultados non veñen nunca por casualidade, e en Bueu podemos aportar moito, pero para iso fai falta traballar moito, saír á rúa e escoitar aos veciños”.
No mesmo sentido se expresou o presidente da xestora, Manuel Freire, que sinalou que a iniciativa de reunir a todos os que nalgún momento formaron parte das candidaturas do Partido Popular de Bueu ten que ser o primeiro paso para sentar as bases dun partido forte.
“Queremos contar coa xente de toda a vida porque siguen tendo moito que dicir, queremos atraer a novos veciños, ter máis afiliados e facer unha oposición como se merecen os nosos votantes e este concello”.
No acto participou tamén a presidenta do Congreso Ana Pastor, a coordinadora comarcal e alcaldesa de Marín, María Ramallo, a secretaria de Organización do PP de Pontevedra e alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, ademais de deputados autonómicos ou os ex alcaldes de Bueu, Manuel Freire e Tomás Barreiro.