Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP acusa a Carmela Silva de ser a presidenta da paralización e incapaz de sacar adiante proxectos para a provincia

    • Nidia Arévalo recorda que nestes dous anos anularon ata sete obras en estradas provinciais de diferentes concellos.
    • Pregunta onde están e que pensan facer cos case 7 millóns de euros das estradas anuladas.

     

    Pontevedra, 27 de abril de 2017.- O Partido Popular reclama ao Bipartito da Deputación de Pontevedra que impulse as obras nas estradas provinciais e execute todos os proxectos que teñen parados. Así o sinalaron hoxe a voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, e o deputado Luis Aragunde, que sinalaron que mañá presentarán no pleno provincial unha moción para esixir unha solución ás sete estradas anuladas.

    Refírense á variante de Rebón, en Moraña; á construción da Ronda Leste, acceso a Montecelo e Príncipe Felipe, en Pontevedra; ao acondicionamento da estrada provincial Mosteiro-Arcos, en Meis; á mellora da seguridade vial en Coirón-Ribadumia-Leiro, en Ribadumia; ao ensanche da estrada Xesteira-Almofrei, en Cotobade; á de Baión-András, en Vilanova; ou á pavimentación e dotación de servizos na estrada Viso-Hío, en Cangas.

    “Levamos meses denunciando o que está acontecendo na Deputación, con obras que levaban moito tempo contratadas, que deberían estar xa ou a punto de iniciarse e que, sen embargo, a día de hoxe están todas anuladas”, denunciou Nidia Arévalo. A voceira recordou que estase falando de “unha cantidade moi importante”, e por iso pediu explicacións sobre onde están os case 7 millóns de euros das estradas anuladas. “Como é posible que se anulen sete proxectos desta envergadura e non haxa unha alternativa. Que pensan facer con eses 7  millóns de euros?”, engadiu.

    Nidia Arévalo expuxo que “esta é a foto do Goberno provincial desde hai dous anos, a foto que mellor reflicte o que é a presidenta Carmela Silva, a presidenta da paralización e a presidenta incapaz de sacar adiante milleiros de proxectos necesarios para esta provincia”.

    “Que é o que fixeron mentres paralizan 7 millóns de euros?”, preguntou Arévalo, que recordou que a partida para infraestruturas é cada vez máis baixa e segue sen haber obras ao tempo que hai máis técnicos contratados.

    A voceira tamén criticou as razóns que ofrecen para xustificar a paralización destas obras, que son “de xulgado de garda”. “Non se pode facer un corta pega en cada un destes casos para xustificar a anulación dos proxectos. É moi serio, é rirse da cidadanía e dos alcaldes destes concellos”.

    Nidia Arévalo cuestionou que xustifiquen que anulan unha estrada porque non hai unha motivación técnica que xustifique unha variante ou porque falta un informe de patrimonio, por exemplo. “Os informes de patrimonio hai que esperar a que cheguen e o responsable da obra, que neste caso é a Deputación, ten que traballar para facer todas as xestións necesarias desde que se aproba un proxecto ata que se executa a obra e traballar para poñer en riba da mesa solucións”. Para a voceira, “non son máis que escusas, e por iso lle pedimos que abandone xa a política da paralización”.

    Ademais, a voceira do grupo provincial tamén se referiu ás obras na estrada Luis Rocafort, en Sanxenxo. “Unha das obras que o Bipartito provincial paralizou, despois decidiu cambiar o proxecto e agora ten estas consecuencias”, apuntou. A popular entende que este é un claro exemplo da actitude do Goberno provincial, “non escoitan nin aos alcaldes nin aos veciños”.

    “As consecuencias son os veciños na rúa, os veciños pedindo ao alcalde que lles axude, e o alcalde pedindo á Deputación que lle escoite. Esta é a nova Deputación de Carmela Silva, a que non atende nin escoita aos alcaldes”, concluíu.