Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP DE SALCEDA LAMENTA QUE O CONCELLO SE “ESQUEZA” DAS PROPOSTAS QUE SUXIREN

    • Presentou ante o goberno municipal unha serie de propostas de acordo ás proposicións, opinións e necesidades dos veciños, ao amparo do Plan Concellos 2017
    • Destacan que o Alcalde omita cuestións prioritarias como o saneamento, a mellora do acceso ó CRA Raiña Aragonta ou a recollida de augas pluviais en Picoña

    Salceda de Caselas, 5 de abril de 2017.- Con respeto ós proxectos que o Concello ten pensado levar a cabo cos fondos do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra, o voceiro do PP do municipio, Santiago Rodríguez Davila, afirma que “todas as melloras que se produzcan en Salceda serán benvidas pero hai que priorizar o que é necesario sobre o que é mellorable“. Neste sentido, Rodríguez Davila lamenta que “o saneamento das parroquias non sexa una prioridade para o rexedor e se olvide do problema no barrio de Outeiro, en San Xurxo, deixando sen este servizo a 13 vivendas e o cemiterio da parroquia”. O voceiro popular amósase sorprendido de que o Alcalde afirme ter en conta as propostas dos veciños e da oposición pero “lamentablemente non é así pasando por alto cuestión prioritarias, xa que estes vecinos levan máis de dous anos solicitando tal mellora, incluso con reunión co propio Alcalde”.

    O saneamento é algo prioritario e básico, polo que dende o grupo municipal insisten en que nos últimos 6 anos de gobernó de Besada, o Concello non investiu con fondos propios, ni un euro. O longo do municipio temos moitos exemplos de necesidades de saneamento, por elo di “que en todas as parroquias son precisas obras de saneamento, con pequenas inversións faríase posible mellorar a calidade das terras e dos que deciden vivir  no rural”.

    Outra suxerencia dos veciños e canalizada polo Partido Popular da que se “olvida o goberno municipal” é a humanización da Rúa Rosalía de Castro sobre todo porque “é preciso buscar alternativas para acceder ás aulas do CRA Raíña Aragonta, dado que en días de moita choiva o acceso é prácticamente inviable”. Rodríguez Davila insiste no “perigo que supón transitar polas inmediacións coas malas condicións climatolóxicas ó estar preto de árbores”. Ademais, engade que a mellora desta vía é “unha cuestión prioritaria para garantir o paso de equipos de emerxencias en caso de precísalos” e conclúe afirmando que a vía carece por completo de puntos de luz, “o que dificulta aínda mais o tránsito polo camiño”.

    Outra cuestión que omite o actual goberno de Salceda nos seus proxectos e que o Partido Popular suxeriu como proposta para investir co Plan de Concellos é “adecentar as beirarrúas de A Devesa, situadas á entrada do caso urbano, e que levan 5 anos nun estado de abandono, sendo  un “perigo” para os que transitan por elas a diario, sobre todo os que se dirixen ó colexio.

    Finalmente, Santiago Rodríguez Davila denuncia que o Alcalde “olvídase tamén de investir na mellora do asfaltado” e salienta “o mal estado da estrada que vai desde O Cerquido (PolígonoIndustrial) ata Rubindo -Santo Estevo de Budiño-, lugar de paso á aula unitaria do CRA ou ó Centro Cultural O Coto”. Unha de moitas estradas en mal estado no Concello, que tendrán que seguir a espera de outras eleccións municipais para “facer todo nos últimos meses antes das mesmas, e así dar a sensación de que se fixo moito antes de ir depositar o voto”.