Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Ángel Moldes: “O Bipartito da Deputación minte, nin teñen todos os terreos cedidos nin todos cumpren coa alineación ao PXOM”

    Sobre o proxecto na avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo

    • O deputado recorda que estas foron as dúas razóns que deu o Goberno provincial para rexeitar o anterior proxecto.
    • “Sempre queren dar leccións de boa xestión, pero este é o primeiro proxecto propio do Bipartito en preto de dous anos e o fai sen consenso, cunha plataforma veciñal en contra e con mentiras”, engade.

     

    Sanxenxo, 3 de abril de 2017.- O voceiro provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, acusa ao Bipartito da Deputación de Pontevedra de mentir sobre o proxecto da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. O deputado sinala que a día de hoxe non teñen todos os terreos cedidos, ao contrario do que o goberno afirmou no último pleno provincial, no que asegurou ter o cen por cento dos terreos a disposición tras unha pregunta realizada polo grupo PP.

    “Nin teñen todos os terreos cedidos, nin todos cumpren coa alineación ao PXOM”, apunta Moldes, que explica que a realidade é que hai entre 5 e 7 terreos pendentes, e nalgúns casos, os propietarios están dispostos a ceder terreo pero non todo o necesario segundo o que indica o Plan Xeral.

    “Están mentindo, no pleno de Sanxenxo din unha cousa e na Deputación, outra”. Para o voceiro popular a única explicación é que “non queren recoñecer o fracaso da súa xestión, levan dous anos a voltas con un proxecto que xa tiña que estar rematado”. Pero ademais, recorda, as dúas razóns que deu o Bipartito provincial para rexeitar a proposta anterior foi, precisamente, que non estaban todos os terreos a disposición e que algúns deles non cumprían coa alineación do PXOM.

    Nesta liña, di que “sempre queren dar leccións de boa xestión, pero o certo é que estamos ante o primeiro proxecto propio que o Bipartito pon en marcha en preto de dous anos e o fai sen consenso, cunha plataforma veciñal en contra e con mentiras”.