Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP AFIRMA QUE “A MAIORIA DAS AULAS DO CRA RAÍÑA ARAGONTA LEVAN MAIS DE 12 ANOS CONECTADAS AS TRAIDAS DAS SUAS PARROQUIAS. ISTO NON É NOVO”

     Ante as declaración da Concelleira de Educación

    • As obras nas comunidades de traídas de augas no 2016 foron executadas con axudas da Xunta de Galicia por importe de 66.400€
    • Para este ano 2017 a Xunta de Galicia volve a sacar a orde de axudas con 12.000€ para obra e 5.000€ para equipamento por comunidade de traída de auga
    • A Deputación ata o ano 2015 investiu máis de 40.000€ directos ás traídas de augas nas diferentes parroquias. O actual goberno provincial, eliminou as axudas.

     

    Salceda de Caselas, 14 de febreiro de 2017.- “Resulta curioso que a Concelleira de Educación de Salceda presuma de conectar as aulas do CRA Raíña Aragonta ás traídas de auga cando a maioría delas xa levan máis de 12 anos conectadas as traídas das súas respectivas parroquias, e moitas dende o seu inicio, (aproximadamente 20 anos), polo que non é nada novo”. Con esta afirmación, o PP do municipio amósase  sorprendido ante as recentes declaracións da Concelleira.

    O voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila, puntualiza que “o  problema da aula de Picoña leva polo menos 3 anos sendo denunciado polos pais e nais dos nenos/as que asisten as clases nesa aula  de Picoña, incluso no Consello Escolar se tiña falado do asunto sen que o Concello fixese nada para solucionalo” e engade que “tivo que quedar  sen auga o pozo que suministra á aula para que a concelleira e Alcalde desperten dese pasotismo dos últimos tres anos”. O PP califica de “triste” a situación e lamentan que “saian agora votándose flores”. Dende o PP do municipio agradecen a colaboración das diferentes comunidades de traídas de auga, para poder prestar un servizo básico nas aulas do CRA Raíña Aragonta do Concello.

    Davila, incide en que “resulta incomprensible para os veciños de Picoña que o Concello alardee de investir na traída cando o único que fixo foi asfaltar a estrada municipal, sen aportar ni un só euro para o cambio da canalización da auga” e ademáis engade que “o Concello asfaltou a estrada a través do Plan da Deputación, sen por un euro dos recursos propios  e  ainda  así,  ten  a  desfachatez  de  vender un favor cando a realidade é que o seu estado era tan lamentable que a obra de asfaltado era absolutamente necesaria”.

    Inversións da Xunta e Deputación

    Davila recorda a inversión de 2 millóns de euros da Xunta de Galicia “para que poidésemos ter unha conexión ca traída que ven dende o Río Oitavén a través de O Porriño”, ou as axudas que a mesma Xunta concedeu no ano 2016, con 66.400€,  destinados  a financiar as  obras que se executaron nas comunidades de traídas de augas nas diferentes parroquiasde Salceda de Caselas e que cobraron en apenas 30 días despois de xustificar o pago das mesmas. Engade asimesmo o popular que “a Deputación, ata o ano 2015, financiou obras de abastecemento de augas nas diferentes traídas parroquiais por valor de máis de 40.000 €, algo que lamentablemente se deixou de facer coa chegada da Nova Deputación dirixida por Carmela Silva”.

    Por todo o mencionado, os populares pregúntanse, “cantos euros de fondos propios investiu o Concello dende que Marcos Besada é Alcalde nas traídas de augas das parroquias”