A través dunha moción que presentaron este mesmo xoves,
Pontevedra 9, febreiro, 2017.- Ante o total abandono ao que se ven sumidos os veciños do barrio de A Seca, os populares esixen ao BNG de Lores un plan de actuación integral na zona. Así o anunciou hoxe a concelleira popular, María José Rodríguez Teso, quen levará este asunto a Pleno a través dunha moción presentada este mesmo xoves.
Como medidas urxentes a levar a cabo, os populares destacan o arranxo dun dos sumidoiros que atópase totalmente atascado e que está a provocar que as augas fecais discorran por debaixo do patio e cheguen incluso ás vivendas. Tamén piden un cambio de localización do cadro de alumeado público, actualmente está situado a baixa altura co consecuente perigo que supón para os rapaces, e o fácil acceso para os amigos do alleo, “están a cortar a luz para poder así desvalixar casas e vehículos”, sinalou Rodríguez Teso.
“Hai xa moitos meses que o concelleiro nacionalista, Luis Bará, se comprometeu a levar a cabo unha serie de melloras no barrio e polo momento os veciños continúan esperando por estas medidas que, cada día, fanse máis urxentes”, destacou a edil popular. Esta é para os populares “unha mostra máis do desleixo do BNG de Lores, os veciños do barrio de A Seca está a ser tamén vítimas da inactividade do concelleiro Luis Bará”, denunciou en rolda de prensa.
O plan de actuación integral que solicitan os populares debe incluír “revisión do pavimento, melloras nos accesos, mantemento das poucas zonas verdes existentes e da limpeza do barrio en xeral”. En canto aos espazos sobre a vía do tren, lembran que “aínda se descoñecen os proxectos que se van realizar neles” e lamentan o estado de abandono no que se atopan na actualidade.