Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Pontevedra participará con case un cento de compromisarios no Congreso Nacional do Partido Popular

     Celebrarase esta fin de semana en Madrid

    • A delegación pontevedresa estará encabezada polo propio presidente provincial, Alfonso Rueda
    • Os compromisarios pontevedreses que asisten ao Congreso presentaron máis de 30 enmendas repartidas entre as 5 ponencias que se van debater durante o Congreso

     

    Pontevedra, 9 de febreiro de 2017.-  A provincia de Pontevedra contará cunha ampla representación no vindeiro XVIII Congreso Nacional do PP, que se celebrará esta fin de semana en Madrid. 

    A delegación do PP provincial estará composta por preto dun cento de compromisarios, que se trasladarán mañá a Madrid para participar nun acto que servirá para decidir a estrutura do partido de cara aos vindeiros 4 anos.

    Dos 95 compromisarios que acudirán a esta cita, 81 foron elixidos entre as xuntas locais da formación na provincia, 2 entre membros de Novas Xeracións e os 12 restantes son membros natos da Xunta Directiva Nacional, é dicir, persoas que ocupan distintos cargos no partido e aos que, en función dos estatutos desta formación política, lle corresponde asumir tamén a función de compromisarios.

    A delegación pontevedresa estará encabezada polo presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, e contará tamén con alcaldes,  deputados, senadores, e outros responsables do partido.

    A ampla representación de Pontevedra obedece ao peso que a provincia ten no PP nacional tanto polo número de afiliados como polos bos resultados acadados nas pasadas eleccións, que son os criterios que se seguen á hora de decidir o número de compromisarios que lle corresponden a cada provincia nesta cita nacional.

    Os compromisarios pontevedreses que asisten ao Congreso presentaron máis de 30 enmendas repartidas entre as 5 ponencias que se van debater durante o Congreso e que versarán sobre educación e cultura, Europa, Estatutos do partido e política xeral, unha ponencia Social e unha Ponencia Económica e de Administración Territorial.