Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP DENUNCIA QUE O ALCALDE ESPERA AS ELECCIÓNS PARA EXECUTAR AS OBRAS ACUMULANDO RETRASOS DE DOUS ANOS

    • O ensanche da estrada de Coto a Chan do Monte aprobouse en pleno en abril de 2015 e sen embargo as obras comenzaron inexplicablemente ó remate do 2016.
    • En maio cúmplese a metade do mandato e en dous anos soamente se fixeron obras do Plan da Deputación do ano 2015 e unha do ano 2016.
    • O PP alerta do perigo de voltar á situación do 2015, onde a facturación pendente de pago quintiplicouse.

     

    Salceda de Caselas, 08 de febreiro de 2017.- O Alcalde de Salceda incumpre deliberadamente os prazos de execución das obras co fin descarado de rematalas en véspera das eleccións”, así, o PP do municipio denuncia que a obra da estrada de Coto a Chan do Monte, aprobada en pleno en abril do 2015 co voto do PP, e financiada a través do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra, cun prazo de execución que remataba o 31 de decembro de 2016, leva case dous anos de atraso.

    O voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila, afirma “non entender que fixo o Concello durante estes dous anos” e pregúntase que “como é posible que unha obra que se aproba en abril de 2015 non se poña en marcha ata finais de 2016, esgotando o fin do prazo para rematar a obra, e ter que solicitar a ampliación de dita data”. Rodríguez Davila denuncia ademáis que “en lugar de aproveitar o verán para realizar os traballos, esperouse ao mes de decembro e o que iso supón para os operarios da obra, que teñen que traballar nunhas condicións climatolóxicas lamentables cando non era necesario”. Así mesmo, o PP constata que os propietarios dos terreos afectados, tiveron coñecemento do comezo das obras apenas unhas semanas antes porque ata ese momento ninguén por parte do Concello lles informou da intención de ensanchar esa zona”.

    Rodríguez Davila engade que “os veciños xa poderían disfrutar desta mellora si non fora pola intención do Alcalde de atrasalo todo para poder executar as obras cando as eleccións estean próximas sen ter en conta os prexuízos que mentres ocasiona aos veciños do municipio”.

    Desde o PP sinalan que “apoian calquera tipo de mellora nas vías municipais” pero pregúntanse o que fixo o Concello estes dous últimos anos. “Únicamente as do Plan da Deputación do 2015 e unha do 2016, dado que a día de hoxe non están rematadas as correspondente ao 2016”, matizan os populares. Obras aprobadas no 2016 executaranse previsiblemente neste ano 2017 ou 2018; e as do 2018 terán lugar no 2019 xunto coas dese mesmo ano electoral, polo que desde o PP alertan do perigo de voltar á situación do ano 2015, “onde as facturas que non se pagaron no exercicio 2015 –ano electoral-  quintiplicáronse ata chegar aos 640.000€ e cas consecuencias que todos os provedores e veciños de Salceda coñecemos ben”.