Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • EVA MONTOTO MÉNDEZ FOI ELEXIDA NOVA PRESIDENTA DE NOVAS XERACIÓNS NO CONGRESO CELEBRADO ESTA TARDE NO QUE PARTICIPARON PRETO DUN CENTENAR DE XÓVENES AFILIADOS E SIMPATIZANTES

    • A nova presidenta que é concelleira na corporación municipal de Lalín e voceira da executiva de Novas Xeracións de Pontevedra terá como vicepresidente ao gandeiro Avelino Souto.
    • Medio cento de xóvenes lalinenses conforman a nova directiva na que se entremezclan persoas do rural e do casco urbano de entre 18 e 29 anos de idade.

     

    Lalín, 4 de febreiro de 2017. Preto de centenar e medio de persoas, dos que arredor dun centenar eran xóvenes afiliados e simpatizantes de Novas Xeracións, asistiron esta tarde ao Congreso de Novas Xeracións Lalín que ateigou o Salón do Hotel Palacio, ao non poder celebrarse no Museo por unha avería no sistema de calefacción. Un Congreso no que a concelleira Eva Montoto Méndez foi elixida presidenta de Novas Xeracións ao fronte dun nutrido grupo de medio cento de xóvenes que conformarán a nova dirección do colectivo.

    Eva Montoto, como presidenta, e Avelino Souto, na súa condición de vicepresidente, lideraron a única candidatura que se presentou ao Congreso e que foi elixida por unanimidade. A nova directiva do colectivo, queda conformada polas seguintes persoas:

    PRESIDENTE: Eva María Montoto Méndez

    VICEPRESIDENTE: Avelino Souto Rozados

    SECRETARIA: Alba Crespo Golmar

    VICESECRETARIA: Vanesa Ferreiroa Martíñez

    TESOUREIRO: Iago González Fernández

    VOCEIRO E RELACIÓN COS MEDIOS: Adrián Gil Fondevila

    COORDINADOR NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES: Diego Gil Crespo

    COORDINADORA POLÍTICA: María Vila García

    COORDINADORA EMPREGO E OPORTUNIDADES: Beatriz González Rozas

    COORDINADORA EVENTOS E PARTICIPACIÓN: Patricia Pájaro Lamas

    COORDINADORA IGUALDADE E MULLER: María Isabel Varela Santalla

    COORDINADOR DEPORTES: Alexandre  Sánchez Gómez

    COORDINADOR MEDIO RURAL: Miguel Madriñán Albor

    COORDINADOR ACTIVIDADES CULTURAIS: Javier Carballude Iturburua

    VOGAIS: Fátima Carballal García, Felipe Carballude Saco, Alejandro Crespo Castro, María Crespo Castro, Lucía Fernández García, Judit Fernández Iglesias, Bryan Isaac Ferreira Hernández, Iván Fiuza Gómez, José García Liñares, María García Pájaro, Melissa Granja Reboredo, Luis Fernando González Gamallo, Carmen Iglesias Otero, Iago López Ferreiro, Marta Millares Otero, Marcos Otero Vázquez, Ana Predrouzo Fariña, Alejandro Penalta Muíños, Cristian Penela Montoto, José Peña Porral, Sonia Rivas Presas, Paula Rodríguez García, Rubén Rodríguez González, Raquel Rodríguez Lamas, Pablo Romero Montouto, Roberto Seijas Otero, Adriana Souto Rozados, Noelia Souto Rozados, Laura Taboada Losón, Alberto Taboada Vilar, Nicolás Varela García, Cristina Vence Balo, Diego Viana Soto.

    Montoto Méndez explicou no seu discurso de nomeamento que os obxectivos da nova directiva son “implicarse na dinamización social, cultural e de ocio de Lalín, programando actos e eventos dende o colectivo” dende un punto de vista de “potenciación das raíces galegas e da nosa cultura”. A presidenta tamén transmitiu en nome dos compañeiros “a necesidade de abordar o traballo do colectivo dende o respecto a todas as opcións políticas. Un respecto no que algúns envolven o seu discurso, pero que a hora da verdade o que fan é tentar separar e apartar aos que non pensan coma eles”.

    O Congreso foi aberto polo presidente do Partido Popular en Pontevedra, Alfonso Rueda Valenzuela, que destacou a importancia do colectivo de xóvenes do partido e subliñou a súa satisfacción pola gran cantidade de xóvenes que se interesaron en participar no Congreso de Lalín e en formar parte da candidatura que se presentou.

    CLAUSURA

    Na clausura participaron os representantes provincial e autonómico de Novas Xeracións, Pablo Carollo e Diego Gago, o presidente Local do PP de Lalin, José Crespo, e o conselleiro Román Rodríguez quen felicitaron á nova directiva pola capacidade de convocatoria e á que pediron ser os eixos de transmisión entre as inquedanzas dos xóvenes e a actividade municipal, aproveitando que a presidenta ten representación na corporación municipal.ç

    No evento tamén estivo presente unha ampla representaciòn do grupo municipal do Partido Popular e membros a anterior directiva do colectivo.