Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP DENUNCIA A FALTA DE LIMPEZA NAS BEIRARRÚAS DE SALCEDA DE CASELAS

    • O grupo popular no Concello trasladou ao equipo de goberno unha denuncia en materia de suciedade urbana


    Salceda de Caselas, 04 de febreiro de 2017.- Nun escrito remitido ao Alcalde, o PP de Salceda de Caselas denunciou hai uns días ante o equipo de goberno local o lamentable estado no que se atopan as beirarrúas da Esfarrapada. Segundo o portavoz popular, Santiago Rodríguez Davila, que recolleu as queixas dos veciños, «día tras día as rúas e prazas do municipio están máis sucias e descoidadas, sobre todo as da Esfarrapada».

    Rodríguez Davila denuncia unha «absoluta deixadez por parte do Goberno local», como así o puideron comprobar «os veciños que nos fixeron chegar o seu descontento ante a suciedad que hai nas rúas e zonas polas que continuamente pasan menores, e que nos mesmos padecemos».

    O portavoz Popular refírese ademais á nula limpeza dos propios contenedores e a escaseza de papeleiras en certas zonas do casco urbán, o que fai proxectar unha mala imaxen de Salceda que non se merece. Critica asimesmo que “non se baldean as beirarrúas con maquinaria apropiada, nin existe un plan de limpeza anual o respeto”,  o que desemboca nun absoluto fracaso na limpeza do Concello, sen reforzos en zonas con cada vez máis poboación e “sen que os responsables políticos fagan algo por solucionar a situación”, polo que defenden e insisten en “gastar menos no goberno e máis nos servizos os veciños”.