Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • María José Pino elixida presidenta do PP de Nigrán cun 98,48% dos votos

     

    Nigrán, 28 de xaneiro de 2017.- María José Pino é desde hoxe a presidenta da Xunta Local do PP de Nigrán despois de saír elixida cun 98,48 % dos votos, 194 afiliados, fronte a 3 brancos, déronlle o seu voto á única canditada que se presentou dado que Carmen Alonso-Macías retirou a súa candidatura o pasado xoves, aínda que non conseguira os 180 avais necesarios para concorrer ao Congreso.

    A mesa do Congreso estivo composta por Carlos Abal como presidente, Sonia Cabral e Luz Hermida.

    Na clausura participou  o presidente provincial de Pontevedra, Alfonso Rueda, a presidente do Congreso dos deputados, Ana Pastor, o coordinador comarcal do partido no Val Miñor, Jesús Vázquez Almuíña, xunto coa presidenta electa.