Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP resalta a incoherencia de Carmela Silva, que promociona desde a Deputación o camiño pola costa e o boicotea desde o Concello de Vigo

    • Elena Muñoz puxo como exemplo a Praza de Compostela, “ninguén sabe que é un dos lugares polo que pasa o camiño portugués pola costa porque non está sinalizado, como ningún dos tramos da ruta que pasa pola cidade”.
    • O grupo provincial presenta unha moción mañá no pleno para reclamar ao bipartito compromisos co sector turístico.
    • Aseguran que o sector está molesto co rumbo que deu a Deputación de Pontevedra, aínda que non o diga publicamente.

     

    Vigo, 26 de xaneiro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular denuncia que o bipartito da Deputación de Pontevedra carece de unha estratexia clara e definida para o turismo desta provincia, e o único que se percibe é unha “improvisación constante” que, aseguran, “xa está molestando ao sector, aínda que non o diga publicamente”. Por iso, o PP defenderá no pleno provincial de mañá unha moción para falar de turismo, porque consideran que é unha das materias pendentes do actual bipartito. Esixen unha estratexia clara para un dos eixos fundamentais da economía da provincia, pero tamén proporán que retomen as xuntanzas con representantes e membros do sector turístico.

    Así o manifestaron esta mañá os deputados provinciais da cidade de Vigo, Elena Muñoz e Jose Manuel Figueroa, acompañados polo voceiro do grupo, Ángel Moldes. Elena Muñoz sinalou que “o paradigma desta absoluta falta de ideas” foi o paso de Carmela Silva por Fitur, onde “sorprendentemente, centrou a súa presentación no camiño portugués pola costa, unha ruta que nunca interesou nin ao alcalde nin a ningún dos membros do goberno municipal, incluídos a presidenta da Deputación, e que a día de hoxe continúan bloqueando”.

    Como exemplo, a popular referiuse á Praza de Compostela, ata onde se desprazaron esta mañá os populares. “É un dos lugares polo que pasa o camiño portugués pola costa, pero ninguén o sabe porque non está sinalizado, como ningún dos outros quilómetros de ruta que pasan por esta cidade”, denunciou. Por iso, pediu ao alcalde que se tome en serio este camiño, que conteste a algunha das cartas que lle enviaron desde a Xunta pedindo que indique por onde quere que sinalicen este tramo.

    Os deputados entenden que estar nesa feira non é unha elección para esta provincia, é unha obriga e unha responsabilidade, pero lamentan que e a presidenta non fose a Fitur cunha estratexia clara e planificada, senón que por segundo ano consecutivo asistiu para intentar salvar os papeis. “Copiaron unha idea, unha iniciativa e unha potenciación que abanderou o Partido Popular nos últimos anos”, destacou Elena Muñoz, “e nin sequera foron capaces de respectar nin o nome oficial nin o símbolo universal. Resulta un pouco ridículo sobre todo tendo en conta todo o que se ten traballado para potenciar esta imaxe e para que sexa recoñecida internacionalmente”.

    RECURSOS MAL UTILIZADOS

    Ademais, os deputados populares recordáronlle á presidenta do fracaso da ruta que presentou en Fitur en 2016, e preguntan se o Camiño pola Costa vai ter o mesmo final na Deputación de Pontevedra. “Alguén se acorda da ruta polos edificios arquitectónicos? Cantos visitantes a seguiron? Cantos turistas visitaron estes edificios? Foron a Madrid, presentaron a ruta, e ao regresar esquecéronse dela por completo, tanto que nin sequera está incluída na páxina web de Turismo Rías Baixas”, lamentaron.

    Sobre isto tamén se referiu Jose Manuel Figueroa, que recoñeceu que “o PP está preocupado polo xiro que se deu ao turismo na provincia e na cidade de Vigo”. Nesta liña criticou que “o pouco que está facendo o bipartito provincial non o fai ben, o fai con moitas dúbidas, sen planificación e de hoxe para onte, e iso non pode ser”. O popular recordou que o turismo significa o 12% do PIB desta provincia, e por iso reclaman “máis planificación e que busquen a orientación desexada para o turismo. Hai recursos, pero están mal utilizados, e xa deixamos tempo dabondo para que traballasen e planificasen, pero non atopan unha estratexia para o turismo, creo que porque non coñecen ao sector e porque, ademais, están totalmente despreocupados”.

    Para o PP é fundamental unha estratexia para potenciar o turismo na provincia, e defenden que hai que facelo con ideas claras. “Están vivindo de rendas, os datos están sendo bos porque hai moito recordo do traballo que se fixo desde a Deputación no anterior mandato, pero esas rendas acábanse, e se non tes ideas, se non tes iniciativas nin proxecto, ao final quen o vai a pagar é todo o sector turístico da provincia”, conclúen.