Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP recorda a Carmela Silva que os socialistas e nacionalistas son os únicos que están pechando CIM nesta provincia

    • Salomé Peña critica que “despois da metedura de pata que tiveron con Ponte Caldelas, e que a propia presidenta apoiou, agora ven a dar leccións de cara a galería”.

     

    Pontevedra, 25 de xaneiro de 2017.- O Partido Popular recorda á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que os únicos que están pechando Centros de Información ás Mulleres nesta provincia son socialistas e nacionalistas, mentres ela mira cara outro lado. A deputada provincial, Salomé Peña, pon como exemplo o caso recente de Ponte Caldelas, cuxo CIM deixou de funcionar o pasado 30 de decembro.

    “Despois da metedura de pata que tiveron con Ponte Caldelas, e que a propia presidenta apoiou, agora ven a dar leccións de cara a galería”, critica a popular. Salomé Peña considera que “esta provincia non necesita unha presidenta para a galería. As manifestacións públicas e os minutos de silencio están moi ben para denunciar e facer visible esta lacra, pero non valen absolutamente de nada si cando debe actuar con determinación, se pon cara un lado e deixa que, por exemplo, un dos concellos desta provincia, cun alcalde da mesma cor política que a presidenta da Deputación, desmantela o Centro de Información ás Mulleres sen razón algunha e aquí non pasa nada”.

    Para a deputada popular “é ter moita desvergoña xustificar o desmantelamento do CIM de Ponte Caldelas culpando a quen non tomou a decisión, sobre todo porque é rotundamente falso”. E, neste sentido, recorda que o Concello só tiña que pagar 3.000 dos 30.000 euros que custa o centro, porque dos 27.000 euros restantes ocúpase a Xunta.

    “Polo tanto, non é unha cuestión económica, é unha cuestión de querer. E a imaxe que están trasladando á cidadanía é nefasta, está dicindo que non vale a pena manter estes centros de atención integral”.

    Por este motivo, Salomé Peña pide a Carmela Silva que sexa valente e que defenda de verdade e con contundencia a reapertura dese centro e deixe de responsabilizar a quen non ten culpa das súas decisións. “Falta valentía, cando aparece un problema no partido socialista, un alcalde ou a presidenta da Deputación, en lugar de resolvelo, mira cara outro lado, tira balóns fóra e resulta que a culpa é do Partido Popular”, critica a deputada.

    FONDOS DA XUNTA

    Salomé Peña recorda, ademais, que cando eran o bipartito quen xestionaba os recursos autonómicos dirixidos aos CIM, a dotación anual que repartía a través de convenios nunca superou os 2,3 millóns de euros e, pola contra, este último ano a Xunta orzamentou 4 millóns de euros para tal efecto, e chegaron aos CIM de Galicia que a solicitaron.