Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Jacobo Moreira: “A situación do campo de fútbol de Pontesampaio podería terse solucionado en 2013”

     O portavoz popular acompañou hoxe á xefa territorial de Costas na reunión que mantivo cos veciños de Pontesampaio

    • Os populares lembran que “hai catro anos instamos ao bipartito a iniciar os trámites para a desafectación dos terreos e rexeitaron a nosa solicitude”.
    • “A desidia do Goberno de Lores provoca que estean sen solucionar vellas reivindicacións veciñais como esta”, denuncian. 

     

    Pontevedra 25, xaneiro, 2017.- O portavoz popular, Jacobo Moreira, acompañou hoxe á xefa territorial de Costas, Cristina Paz-Curbera, á reunión que mantivo co presidente do club de fútbol “Unión Sampaio” e o presidente da asociación de veciños “Héroes de Pontesampaio”. Alí, o edil popular lamentou “os catro anos perdidos” pola “desidia do Goberno local”.

    Ante o cambio de criterio expresado agora tanto polo BNG de Lores como do Partido Socialista, os populares lembran que “os problemas destes veciños podían terse solucionados dende o ano 2013”, cando a formación que encabeza Jacobo Moreira presentou unha moción instando ao bipartito a iniciar os trámites para a desafectación do recinto deportivo e da praza de A Xunqueira. Moción que foi rechazada por nacionalistas e socialistas.

    “Hai catro anos, o BNG dicía que o campo de fútbol na súa actual localización non podía estar, agora din que si. Un cambio de criterio que traducimos como unha tomadura de pelo e unha perda de tempo”, destacou o portavoz dos populares quen lembra que “a mellora do campo de fútbol é xa unha vella reivindicación veciñal que o BNG esqueceu no tempo”.

    Lembran que no momento no que o Goberno de Lores solicitase a desafectación dos terreos, xa se podía levar a cabo unha actuación provisional para mellorar o lamentable estado do campo de fútbol, pero “perdéronse catro anos, e os únicos prexudicados das idas e vindas de BNG e PSOE son os veciños de Pontesampaio”, manifestou Jacobo Moreira.

    O portavoz popular insiste, “o campo de fútbol precisa unha mellora urxente. O BNG non pode seguir mareando aos veciños”, sentenciou