Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio preguntará no próximo pleno se Campelo vai quedar sen desfile de Entroido

    • A concelleira Nati Torres traslada a preocupación de varios veciños do lugar, que lle preguntaron polas informacións ó respecto aparecidas nos medios.
    • Explica que non houbo ningunha discusión ou comunicación ó respecto na comisión municipal de cultura, polo que presentará unha pregunta no Pleno para clarificar este asunto.
    • Ante as noticias de novos itinerarios que deixarían a Campelo fóra do desfile, Torres preguntará polos plans do Concello e as garantías de que comparsas, participantes e público se achegasen a Campelo á entrega de premios.
    • O PP reunirase cos colectivos de Poio mañá xoves ás 20:30h a na Comunidade de San Xoán para falar sobre as axudas do Pacto Ambiental de Ence.

     

    Poio, 25 de xaneiro de 2017. A concelleira do PP de Poio Nati Torres preguntará no próximo pleno municipal que hai de certo nas informacións difundidas nos últimos días e que deixarían Campelo fóra do desfile de Entroido deste ano.

    A edil, natural de Campelo e voceira do grupo popular para este núcleo urbano, asegurou que varios veciños xa lle preguntaron por esta rumoreada modificación e lle amosaron a súa preocupación ó respecto: «Aos veciños preocúpalles que Campelo quede fóra do desfile de Entroido» 

    «Eu tamén estou preocupada e sorprendida, xa que é un asunto que non se tratou na comisión de Cultura nin houbo ningunha comunicación do goberno», explicou Torres, «polo que no próximo pleno preguntarei que hai de certo nestas informacións».

    Torres indicou que as modificacións que supostamente está a estudiar o Concello deixarían Campelo sen a saída do desfile, que pasaría a celebrarse no Pazo de Besada.

    Ante este rumoreado novo itinerario, Torres preguntará que garantías habería –en caso de que sexan certas estas informacións- de que comparsas, carrozas e público en xeral se desprazasen á praza da Granxa desde calquera lugar onde finalmente rematase o desfile, xa que «é difícil de imaxinar calquera posibilidade que non prexudique a Campelo», e pedirá explicacións de por que estas cambios, de ser verídicas, non se discutiron na comisión de Cultura.

    Reunión sobre o Pacto Ambiental

    O PP recordou que mañá ás 20:30h, no local da Comunidade de Montes de San Xoán, reunirase coas asociacións e colectivos culturais, veciñais e deportivas de Poio para falar sobre as axudas do Pacto Ambiental de Ence.