Paseo peonil Pontevedra – Marín, outra promesa do PP cumprida

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Paseo peonil Pontevedra – Marín, outra promesa do PP cumprida

    Jacobo Moreira amosa a súa satisfacción ante a presentación do proxecto do Goberno de Rajoy para executar o novo tramo do paseo marítimo entre Pontevedra e Marín,

    • “Coa remisión do proxecto, a actuación pasa de ser unha promesa a ser unha realidade”, destacou o portavoz popular.
    • Jacobo Moreira agradece a implicación e o especial esforzo de Ana Pastor neste proxecto propiciando axilidade na tramitación.

     

    Pontevedra 18, xaneiro, 2017.-  O presidente do PP de Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira, expresou este mércores a súa satisfacción pola presentación do proxecto do Goberno de Mariano Rajoy para executar o novo tramo do paseo marítimo entre Pontevedra e Marín.

    Foi en maio de 2015, cando os populares anunciaron esta importante actuación durante un paseo xunto a Ana Pastor e a ministra Isabel García Tejerina. “Ese mesmo día o Goberno de Lores sinalaba que isto só era unha promesa electoral”, lembrou o edil popular, “hoxe, coa remisión do proxecto, demóstrase que é un compromiso que se está a cumprir con gran axilidade”.

    Neste sentido, Jacobo Moreira, agradeceu a intervención e o especial esforzo de Ana Pastor, que permitiu axilizar a tramitación deste proxecto no que o PP de Pontevedra se implicou e apostou firmemente. “O concelleiro do BNG, César Mosquera, incluso destacou onte que o proxecto tramitouse bastante rápido para o que adoita ser a administración do Estado”, lembrou o edil popular quen considera que “sen dúbida, trátase dun recoñecemento á nosa implicación neste proxecto, que pasa de ser unha promesa a ser unha realidade”.

    Coa presentación desta actuación, formalízase un dos obxectivos do Partido Popular en Pontevedra: apostar pola conexión peonil e ciclista entre o noso municipio e Marín, que únese á xestión realizada por Jacobo Moreira no ano 2015, a instancia do colectivo Masa Crítica, para que a Xunta de Galicia instalase na PO-546 sinais que advirtan da presenza de ciclistas neste tramo.

    “Estes avances seguen a nosa aposta por converter Pontevedra na Cidade da Bici”, apuntou o portavoz dos populares quen fia esta  medida á necesidade de contar cun transporte público urbano no municipio, un asunto que reivindica unha vez máis ao BNG.

    “Todos e cada un destes proxectos permiten situar á nosa cidade na vangarda do futuro e con este novo proxecto seguimos modernizando o noso municipio”, destacou Jacobo Moreira, “unha vez máis o PP volve estar ao lado das persoas, dos nosos veciños, ofrecendo respostas e solucións ás peticións que nos achegan os pontevedreses”, sentenciou.