O GRUPO POPULAR SOSPEITA QUE HAI UN “FRAUDE” DETRÁS DO PECHE DO CIM DE PONTE CALDELAS E SOLICITA O RESTABLECEMENTO INMEDIATO DO SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O GRUPO POPULAR SOSPEITA QUE HAI UN “FRAUDE” DETRÁS DO PECHE DO CIM DE PONTE CALDELAS E SOLICITA O RESTABLECEMENTO INMEDIATO DO SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES

    A viceportavoz e portavoz de Igualdade, Paula Prado, e a de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez mantiveron unha reunión con responsables da Asociación de profesionais dos CIM en Galicia (ASOCIM) e as afectadas pola decisión do Concello de Ponte Caldelas

    • Para Paula Prado “o servizo de asesoramento xurídico en Igualdade e a atención psicolóxica as mulleres vítimas de violencia machista ten que realizarse a través dunha atención especializada”
    • Criticou o “dobre rasero” do BNG que “por unha banda pide que a Xunta destine o 1% dos orzamentos a igualdade e loita contra a violencia machista e alí onde goberna non mantén os servizos especializados de atención e prevención desta lacra social”

     

    Santiago,  18 de xaneiro de 2017.- A viceportavoz e voceira de Igualdade do Grupo Popular, Paula Prado, indicou que existen sospeitas da “existencia dun fraude detrás do peche do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas

    “xa que se o servizo de asesoramento xurídico en Igualdade e atención psicolóxica as mulleres vítimas de violencia machista ten que realizarse a través dunha atención especializada como se viña facendo por unha avogada e unha psicóloga desde fai dez anos”

    Paula Prado, xunto coa voceira de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez, mantiveron hoxe unha reunión coa presidente e unha integrante da directiva da Asociación de profesionais dos CIM en Galicia (ASOCIM), así como as afectadas directamente pola supresión do Centro.

    Na reunión anunciaron que o  Grupo Popular ven de rexistrar varias iniciativas no Parlamento de Galicia nas que insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Concello de Ponte Caldelas ao fin de adoptar as medidas necesarias para evitar o peche do Centro de Información á Muller (CIM) dese municipio.

    A viceportavoz popular indicou que “é inaceptable que este Concello deixe de prestar esta labor a pesar dos seus anos de incansable e eficaz traballo do CIM e de ter o presuposto asinado para tal fin por parte do organismo dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia destinado á loita contra a violencia de xénero, o que provoca unha situación de indefensión para as mulleres que precisan deste servizo no Concello, obrigándoas a desprazarse a outros concellos”

    Paula Prado resaltou que o PPdeG “aposta por manter os servizos no rural xa que eliminalos  supón non só unha dificultade maior ás mulleres que o habitan senón nestes casos de especial vulnerabilidade como é a violencia machista as deixan cunha grave desprotección”.

    DOBRE RASERO DA OPOSICIÓN

    Paula Prado criticou o “dobre rasero” dos partidos da oposición xa que “o  BNG que por unha banda pide que a Xunta destine o 1% dos orzamentos a igualdade e loita contra a violencia machista e alí onde goberna non mantén os servizos especializados de atención e prevención desta lacra social”.

    Así mesmo, a viceportavoz popular criticou que “as portas dos grupos da oposición no Parlamento estean pechadas aos temas de igualdade en xeral e de violencia machista en particular, xa que o PSdeG-PSOE non quixo recibir as traballadoras do CIM e o BNG non contestou a solicitude de reunión feita por ASOCIM”.

    O Grupo Popular presentou sendas Proposicións non de Lei para debatir en comisión e no pleno do Parlamento no que solicita evitar o peche do CIM así como unha pregunta sobre a valoración que fai a Xunta do peche deste servizo especializado que conta con dúas traballadoras, unha avogada e unha psicóloga que viñan prestando un servizo esencial para as vítimas da violencia machista no Concello.