O grupo provincial do PP propón que todas as axudas da Deputación a colectivos se publiquen xuntas a principios de ano

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O grupo provincial do PP propón que todas as axudas da Deputación a colectivos se publiquen xuntas a principios de ano

    • Ángel Moldes pide que corrixan o “baile de datas” nas publicacións, e aposten “por un modelo máis organizado, previsor e que, de seguro, vai repercutir nun maior e mellor acceso ás axudas por parte das entidades da provincia”.

     

    Pontevedra, 18 de xaneiro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular proporá no próximo pleno ao goberno bipartito da Deputación de Pontevedra que todas as axudas que a institución provincial destina aos colectivos da provincia se publiquen o mesmo día, preferiblemente, o primeiro día hábil do ano, co fin de facilitar a planificación das actividades e incluso garantir que o pago das axudas se realice o antes posible.

    “Tanto quixeron diferenciarse do anterior, que mudaron o nome das subvencións para que os cidadáns pensasen que estaban falando de axudas diferentes, cando o contido era practicamente o mesmo, pero o peor de todo é que algo que estaba funcionando moi ben e que se introduciu nos últimos anos para mellorar a colaboración cos colectivos, que era contar cun calendario planificado, tamén decidiron botalo por terra”, denuncia o voceiro do grupo provincial, Ángel Moldes.

    Os populares explican que ata o ano 2015, as distintas convocatorias de subvencións para colectivos culturais, deportivos ou veciñais se publicaban no Boletín Oficial da Provincia do 2 de xaneiro, de tal xeito que se facilitaba a planificación das actividades, se garantía a máxima transparencia de todas as liñas de axudas –os colectivos sabían que todas as convocatorias se facían ese mesmo día- e se adiantaba tamén o pago das axudas, xa que non é o mesmo convocalas o 2 de xaneiro que en xuño, por exemplo.

    Pero o ano pasado, co goberno bipartito, esta tendencia mudou e as liñas de axuda foron publicándose ao longo do ano, unha decisión que está molestando aos colectivos da provincia, segundo puideron comprobar os populares en diferentes encontros organizados con estas asociacións. Así, mentres os goberno do PP publicaron en 2015, de forma planificada e ordenada, ata once liñas de axudas diferentes o primeiro día hábil do ano, nos anos 2016 e nestes primeiros 20 días de 2017, só se publicaron as bases do Plan Pontegal e, o resto, foron anunciándose ao longo do ano sen un calendario claro e definido.

    Por iso, os populares piden que corrixan o “baile de datas” nas publicacións, e aposten “por un modelo máis organizado, previsor e que, de seguro, vai repercutir nun maior e mellor acceso ás axudas por parte de todos os colectivos da provincia”.