Ángel Moldes reúnese coa Asociación Amigos do Museo para escoitar a súa proposta sobre o Sexto Edificio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ángel Moldes reúnese coa Asociación Amigos do Museo para escoitar a súa proposta sobre o Sexto Edificio

     

    O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, reuniuse co secretario xeral da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, Ernesto Vázquez-Rey, para escoitar cal é a súa proposta para o Sexto Edificio.

    Durante o encontro, o voceiro explicoulles que o PP esperará a coñecer que ten pensado facer o Goberno bipartito co nome do Sexto Edificio, xa que a día de hoxe descoñecen que plans teñen ou que opinan sobre a petición deste colectivo.

    De feito, foi o PP o único partido que polo de agora recibiu ao representante desta asociación, e neste sentido Ángel Moldes recordou que como grupo maioritario na Deputación de Pontevedra sempre reciben a todos os colectivos e persoas que así o solicitan. Pola contra, criticou ao goberno bipartito, que como sempre, aínda que presumían de portas e ventás abertas do Pazo Provincial, unha vez máis as teñen pechadas e néganse a manter unha reunión con un colectivo que así llo plantexa. Por iso, considera que xa é momento de que expliquen as razóns polas que “si reciben a uns pouco privilexiados e, pola contra, rexeitan manter un encontro coa maioría de entidades ou colectivos desta provincia”.