O Congreso do PP de Pontecesures será o 4 de febreiro

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Congreso do PP de Pontecesures será o 4 de febreiro

    •  O presidente do COC será José Ramón Cadilla Piñeiro
    • Todos os afiliados do PP de Pontecesures que aspiren á presidencia do partido terán ata o 2 de febreiro para presentar un mínimo de 40 avais

     

    Pontevedra, 12 de xaneiro de 2017.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 4 de febreiro, do V Congreso Local do Partido Popular de Pontecesures, no que terán dereito a voto os máis de 200 afiliados do PP local.

    A dirección provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida por José Ramón Cadilla Piñeiro e da que formarán parte ademais Luciano Freiría Castiñeiras, como secretario, e Raimundo Vázquez Iglesias como vogal. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP de Pontecesures que aspiren á presidencia do partido terán ata o 2 de febreiro (48 horas antes do comezo do Congreso) para presentar un mínimo de 40 avais. A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval que lle será facilitado a todos os candidatos e afiliados que o soliciten.

    O prazo máximo para a presentación de candidaturas rematará o día 4 de febreiro ante a mesa do Congreso, a Comisión Organizadora fixará a hora límite de presentación.