O Congreso do PP de Nigrán será o 28 de xaneiro

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Congreso do PP de Nigrán será o 28 de xaneiro

    • O presidente do COC será Carlos Javier Abal Valverde
    • Todos os afiliados do PP de Nigrán que aspiren á presidencia do partido terán ata o 26 de xaneiro para presentar un mínimo de 180 avais

     

    Pontevedra, 4 de xaneiro de 2017.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 28 de xaneiro, do V Congreso Local do Partido Popular de Nigrán, no que terán dereito a voto os máis de 1.000 afiliados do PP local.

    A dirección provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida por Carlos Javier Abal Valverde e da que formarán parte ademais Sonia Rial Cabral, como secretaria, e Luz del Mar Hermida Figueiró, como vogal. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata o día da súa celebración, momento no que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP de Nigrán que aspiren á presidencia do partido terán ata o 26 de xaneiro (48 horas antes do comezo do Congreso) para presentar un mínimo de 180 avais. A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval que lle será facilitado a todos os candidatos e afiliados que o soliciten.

    O prazo máximo para a presentación de candidaturas rematará o día 28 de xaneiro ante a mesa do Congreso, a Comisión Organizadora fixará a hora límite de presentación.