O PP de Tomiño critica que nos orzamentos de 2017 se reduza o gasto real nun 53% con respeto o ano electoral 2015

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Tomiño critica que nos orzamentos de 2017 se reduza o gasto real nun 53% con respeto o ano electoral 2015

    • O presuposto aumenta un 8% mentres as inversións disminuen por segunda vez no que vai de legislatura.
    • Cultura sofre un recorte de 41 mil euros, e as parroquias volven a ser as grandes perxudicadas.

     

    Tomiño, 28 de decembro de 2016.- Na sesión plenaria celebrada onte pola tarde o Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2017 presentados polo grupo de goberno por consideralos, “un engano para todos os veciños”.

    O máis chamativo para o portavoz municipal do Grupo Popular, Esteban  González, é que diminúa o investimento real  que repercute no beneficio dos veciños de Tomiño mentres o presuposto aumenta en 500.000 euros con respeto a este ano.

    Segundo o voceiro popular, a unica partida que se aumenta e a de persoal, na que por fin se inclue unha partida de 75.000 para levar a acabo a actualización da RPT (relación de postos de traballo) algo tan demandado por parte dos traballadores do concello; e que Esteban González criticou a falta de transparencia do goberno local hacia a oposión pola falta de información sobre as negociacións levadas a cabo cos respresentates dos traballadores; preguntadose por qué non foi aprobada  a RPT  a día de hoxe.

    Uns orzamentos que supoñen, a criterio dos populares, un aumento na recaudación de impostos que non xustifica a falta de inversións que consideran insuficientes;”o que da que pensar que xa se está pensando máis na próximo ano electoral que nos interes dos veciñós”. A modo de exemplo, o voceiro popular explica que o investimento real pasa dos 900.000 euros de 2015 aos 500.000 en 2016 e 483.000 para 2017 o que supón unha redución de un 53%, polo que se ve reducido o gasto en saneamento, en pavimentación ou mellora de camiños ou o recorte de 41.000 euros menos para cultura.

    Nestes recortes cabe destacar a rebaixa na partida o comercio, que se ve reducida de 25.000 euros este ano a escasos 5.000 para o ano que ven; sobre esta cuestión non se me deu resposta algunha, recalca Gonzalez Miranda.

    Xa que o saneamento será o gran esquecido nos presupostos aprobados polo BNG, o portavoz municipal popular, fixo a petición ao goberno municipal: ”que todo o montante que sea recibido do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra sexa invertido no seu 100% a saneamento”; xa que as parroquias serán unha vez máis as verdadeiras perxudicadas, afirma, Esteban González.