O Congreso do PP de Gondomar será o 21 de xaneiro

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Congreso do PP de Gondomar será o 21 de xaneiro

    • O ex alcalde Ramón Sestelo Fernández será o presidente da Comisión Organizadora do Congreso
    • Todos os afiliados do PP de Gondomar que aspiren á presidencia do partido terán ata o 19 de xaneiro para presentar un mínimo de 60 avais

     

    Pontevedra, 28 de decembro de 2016.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 21 de xaneiro, do IV Congreso Local do Partido Popular de Gondomar, no que terán dereito a voto os máis de 400 afiliados do PP local.

    A dirección provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida polo ex alcalde Ramón Sestelo Fernández e da que formarán parte ademais José Manuel Dacosta Moreira e Celia María Durán Martínez.  Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP de Gondomar que aspiren á presidencia do partido terán ata o 19 de xaneiro (48 horas antes do comezo do Congreso) para presentar un mínimo de 60 avais. A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval que lle será facilitado a todos os candidatos e afiliados que o soliciten.

    O prazo máximo para a presentación de candidaturas rematará o día 21 de xaneiro ante a mesa do Congreso, a Comisión Organizadora fixará a hora límite de presentación.