Alfonso Rueda: “A maquinaria do PP quedará lista en 2017 para recuperar alcaldías e o Goberno da Deputación”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda: “A maquinaria do PP quedará lista en 2017 para recuperar alcaldías e o Goberno da Deputación”

     

    Pontevedra, 27 de decembro de 2016.- “Recuperar o goberno da Deputación de Pontevedra e as alcaldías perdidas en 2015 vai ser o noso obxectivo nas próximas eleccións municipais de 2019, pero para iso precisamos poñer a punto o partido desde o primeiro minuto e ese é o noso principal obxectivo de 2017”.

    A celebración de máis de 20 Congresos locais (10 por cada semestre aproximadamente) ou cursos de formación, serán algunhas das actividades que segundo o presidente provincial van centrar a axenda dos populares na provincia.

    Así o trasladou Alfonso Rueda durante o último Comité Executivo do ano celebrado esta tarde, con posterior “pincho” de Nadal, e no que participaron ademais todos os alcaldes e voceiros da provincia. Unha xuntanza na que se fixaron os deberes e os obxectivos do próximo ano que está a punto de comezar, pero no que se fixo tamén balance de 2016. “Un ano que estivo marcado por dúas citas electorais importantes, no que se traballou moito pero no que conseguimos bos resultados”.

    O Partido Popular é a primeira forza política desta provincia en resultados e en número de afiliados, e o único partido que aspira a gañar e gobernar, e para conseguilo temos unha maquinaria que non se detén nunca, independentemente de se hai  convocatorias electorais á vista ou non.

    Iso é o que pretendemos seguir facendo durante o próximo ano, prepararnos para as eleccións municipais de 2019, reestruturando as xuntas locais e comezar a perfilar aos futuros candidatos.  “Aínda que as circunstancias non van a ser as mesmas non queremos repetir os erros que nos levaron hai case dous anos a perder alcaldías importantes, detectamos en que fallamos pero tamén sabemos cales son as nosas fortalezas, e entre estas está a proximidade á cidadanía, por iso é importante seguir en contacto coa rúa, sendo moi consciente das necesidades e prioridades do veciños, e á vez que estes teñan un referente e un partido activo  ao que achegarse”.

    Nesta liña, o líder do PP na provincia, incidiu na necesidade de traballar unidos e contando con todos, porque só así lograremos os mellores resultados”.