Informes técnicos confirman o desbaraxuste das contas de Deputación que denunciou o PP

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Informes técnicos confirman o desbaraxuste das contas de Deputación que denunciou o PP

    Eran certas as sospeitas dos populares: O Goberno da Deputación manexaba un orzamento diferente ao que lle entregaron á oposición.

     

    Pontevedra, 26 de decembro de 2016.- Os deputados provinciais do PP de Pontevedra denunciaron hai uns días o desbaraxuste das contas provinciais nos que faltaba 1,2 millóns de euros que segundo o Bipartito se ía destinar aos concellos. O documento que o Goberno Provincial lle entregou aos partidos da oposición reservaba unha partida de 40 millóns de euros para repartir entre os concellos da provincia, exactamente a mesma cantidade que o ano pasado, mentres que o Goberno Provincial falaba durante a sesión plenaria de un reparto de 41,2 millóns de euros.

    Os voceiros do PP, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, advertiron e insistiron en que as contas non cadraban, e que se estaban falando de números inventados que non aparecían no documento entregado. Con todo, o Bipartito lonxe de recoñecer o erro, seguiu adiante co debate da  aprobación inicial do orzamento a sabendas que os presupostos estaban modificados.

    “Parécenos unha tomadura de pelo e unha chapuza, xogan cos cartos da Deputación ao seu antollo, de forma oscurantista e sen planificación”, explica o voceiro popular, Ángel Moldes.

    O Partido Popular incluíu esta reclamación nas alegacións aos presupostos e hoxe, ata 4 informes de diferentes servizos de Deputación danlle a razón ao PP e corrixen e modifican os orzamentos aprobados inicialmente.

    O informe emitido polo Servizo de Cooperación, data o seu informe o 24 de novembro, un día antes da celebración do pleno aínda que non se coñece ata hoxe, nel fálase de graves erros que lle afectan a aplicación vinculadas á execución do Plan Concellos 2017. Os outros 3 informes dos servizos de Cultura, Cohesión Social e Medio Ambiente son posteriores á aprobación dos orzamentos e neles tamén se fala de correccións importantes.

    “Estes son os erros detectados polo Partido Popular dos que advirten tamén de forma interna os propios funcionarios de Deputación, pero esa falta de concreción e de transparencia é a que está presente en todo o documento, con partidas xenéricas e sen proxectos claros que evidencian moito oscurantismo e sobre todo unha falta de planificación moi chamativa”, apuntan os voceiros populares.