Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Concello de Poio remata 2016 con 650.000€ en facturas impagadas sen partida presupostaria e sen orzamentos para 2017

    •  Para o PP, o estado das contas municipais ao rematar o exercicio ven demostrar o que levan anos denunciando, que os presupostos aprobados cada ano polo bipartito son irreais.
    • O peor, para os populares, é que 2017 comeza sen presupostos e non se sabe ben por que: Se teñen pensado prorrogalo, se non hai acordo entre BNG e PSOE, ou calquera outra causa descoñecida.
    • Temen que no próximo exercicio se repita a partida de cero euros para inversión dos últimos anos, e advirten que as contas de 2017 xa están en calquera caso, “feridas de morte”.

     

    Poio, 23 de decembro de 2016. O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes denunciou hoxe que, a falta dunha semana para o remate do ano, e baseándose no último informe de intervención coñecido esta semana, o Concello de Poio acaba 2016 sen presupostos para o vindeiro exercicio e con 650.000 € en facturas rexistradas e sen contabilizar, o que suporá que as contas de 2017 comezarán, en calquera caso, “feridas de morte”.

    Moldes deu a coñecer os datos do último informe de intervención que, entre as advertencias habituais ao equipo de goberno polo gasto sen control e o precario estado financeiro do concello, engade máis facturas para as que non se dispón de partida orzamentaria –algunha delas por gastos da controvertida Festa do Mar, cuxo custe continúa subindo- ata un total de 650.000 €, o que segundo os populares, confirma o que veñen denunciando desde hai xa tempo: que as contas municipais que aproba o bipartito en cada exercicio “son mentira e non se axustan ós gastos e as contas reais do concello”.

    Segundo os populares, ademais, estes 650.000 € en facturas sen contabilizar implican que os presupostos de 2017, sexan os que sexan “estarán feridos de morte desde o principio”, xa que as contas municipais comezarán, na práctica, en negativo “con menos 650.000 € desas facturas as que haberá que facer fronte e que sairán de servizos que non se lles dará e investimentos que non se realizarán para os veciños de Poio”, en palabras do voceiro popular Ángel Moldes.

    Moldes ademais denunciou que “o peor é que tampouco se sabe por que 2017 comezará sen orzamentos: ¿Non hai acordo entre BNG e PSOE? ¿Pensan prorrogar os orzamentos deste ano? Ou hai algo máis grave que descoñecemos?”

    En calquera caso, explicou Moldes, no Partido Popular temen que esta “ferida aberta” de 650.000 €, unida ao precedente dos últimos anos no que as partidas para investimentos foron de CERO EUROS, e ao delicado estado das arcas municipais do que advirten os técnicos municipais a causa do descontrol no gasto e as moi irregulares prácticas contables do bipartito, impliquen que, un ano máis, os presupostos locais sexan uns orzamentos baleiros de contido, de investimentos e de rigor para “un ano máis de parálise en Poio”.