Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda visita A Cañiza para apoiar a Miguel Domínguez e o seu equipo

     

    25 de maio de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, mantivo na tarde de onte un encontro co candidato do PP á alcaldía da Cañiza, Miguel Domínguez, e o seu equipo par trasladarlles o seu apoio nestes últimos días de campaña.

    O líder dos populares galegos sinala que este domingo os veciños deste concello só terán dúas opcións: ou o sentidiño e a estabilidade dun goberno con experiencia, liderado por alguén que vive no concello e que se preocupa polos seus veciños como é Miguel Domínguez; ou seguir cun goberno que pensa máis nos seus intereses persoais que nos dos veciños.

    Por iso fai un chamamento a acudir de xeito masivo ás urnas este domingo, asegurando que ata o último voto é necesario para conseguir unha maioría a absoluta que permita a Domínguez e o seu equipo retomar as rendas deste concello.

    Pola súa banda, o candidato á alcaldía remarcou a necesidade de deixar atrás estes catro anos do goberno máis caro e ineficaz da historia da Cañiza: “É o momento de deixar atrás catro anos de enganos, mentiras, manipulacións, promesas incumpridas, investimentos e oportunidades perdidas, proxectos paralizados, peches de servizos públicos e desatención ás familias”.