O PP DE PONTE CALDELAS CRITICA O ALCALDE POR SUPRIMIR O CENTRO DE INFORMACIÓN A MULLER

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE PONTE CALDELAS CRITICA O ALCALDE POR SUPRIMIR O CENTRO DE INFORMACIÓN A MULLER

    • O Centro de Información a Muller leva funcionando mais de 10 anos no Concello de Ponte Caldelas, foi posto en marcha polo anterior alcalde Perfecto Rodríguez sendo un servizo de referencia en toda a comarca de Pontevedra.
    • Sánchez "É una tomadura de pelo que o Alcalde e o seu goberno despois de tomar a decisión de suprimir o CIM pretenda enganar ás mulleres do municipio decindolles que serán asesoradas algún día a semana, polo novo asesor xurídico do Alcalde, que non é experto en temas de violencia de xénero nin en nada que teña que ver con temas de igualdade. ¿A quén queren enganar? ¿Ou é que toman por parvas as mulleres do municipio? O CIM supoñía un servicio integral con profesionais preparadas na materia, con asesoramento todolos días da semana."
    • "Tanto presumir de goberno progresista, moito facerse fotos con camisetas contra a violencia de xénero, pero son o primerio concello de toda Galicia que suprime un Centro de Información a Muller, unha absoluta vergoña."

     

    Ponte Caldelas, 23 de Decembro de 2016.- O Partido Popular de Ponte Caldelas critica o Alcalde por suprimir o Centro de Información a Muller (CIM).

    O Centro de Información a Muller leva funcionando mais de 10 anos no Concello de Ponte Caldelas, foi posto en marcha polo anterior alcalde Perfecto Rodríguez sendo un servizo de referencia en toda a comarca de Pontevedra.

    O CIM estaba integrado por unha avogada e unha psicóloga, uns profesionais de solvencia que o Concello de Ponte Caldelas puña ao servizo dos cidadáns. Este personal era autónomo estando contratado en réxime de asistencia técnica tras un concurso público.

    Desde o CIM faciase unha importante labor en atención especializada e asesoramento xurídico e psicolóxico en casos de malos tratos (denuncias, orde de protección, orde de afastamento…), xestión de aloxamento alternativo, tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para vítimas da violencia de xénero, xestión dos recursos necesarios nestes casos, apoio psicolóxico, colaboración con outros servizos de intervención en casos de malos tratos como a Garda Civil, casa de acollida, servizos públicos sanitarios ou xurídicos.

    A existencia do CIM permitiu poñer en funcionamento a Mesa Local contra a Violencia de Xénero onde se cordinan os servizos do CIM, servizos sociais, Garda Civil, Subdelegación do Goberno e os resposables do Centro de Saude do municipio ante calquera caso de violencia de xénero. Tamén durante estes 10 anos aprobaronse os dous Plans de Igualdade que se desenrrolaron en Ponte Caldelas.

    Ademais, desde o CIM tamén se realizaban cursos de orientación laboral e formativos para mulleres coa intención de favorecer a súa búsqueda de emprego, información sobre cursos e bolsas de emprego específicas, orientación profesional e derivación aos servizos especializados municipais de emprego.

    Dende o Partido Popular de Ponte Caldelas criticase esta decisión por ser un retroceso nos servizos que disfrutan os veciños do municipio e considerase un error tremendo suprimir un servizo que leva feito tanto durante estos anos en politicas contra a violencia de xénero e no fomento da igualdade.

    "Tanto presumir de goberno progresista, moito facerse fotos con camisetas contra a violencia de xénero, pero son o primerio concello de toda Galicia que suprime un Centro de Información a Muller, unha absoluta vergoña. ¿Qué dirian o PSdeG e o BNG se esta medida a tomase un concello gobernado polo PP?"

    "É una tomadura de pelo que o Alcaade e o seu goberno despois de tomar a decisión de suprimir o CIM pretenda enganar ás mulleres do municipio decindolles que serán asesoradas algún día a semana, polo novo asesor xurídico do Alcalde, que non é experto en temas de violencia de xénero nin en nada que teña que ver con temas de igualdade. ¿A quén queren enganar? ¿Ou é que toman por parvas as mulleres do municipio? O CIM supoñía un servicio integral con profesionais preparadas na materia, con asesoramento todolos días da semana." Afirmou Inés Sánchez, portavoz popular

    "Andrés Díaz di que o novo servizo atenderá ás víctimas de violencia de xénero, desafiuzamentos, reclamacións diante de compañías subministradoras, separacións, etc; O que o mellor non sabe este alcalde desnortado é que o persoal do CIM xa viña facendo estas cuestións dende fai anos."

    "Está claro que a este alcalde interesalle máis as festas e as excursións onde pode facerse fotos, que a igualdade e a loita contra a violencia de xénero."