O PP DE POIO SOLICITA Ó CONCELLO A LIMPEZA DA “FINCA DOS CURAS” PARA EVITAR A EXTRACCIÓN CLANDESTINA DE AMEIXA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE POIO SOLICITA Ó CONCELLO A LIMPEZA DA “FINCA DOS CURAS” PARA EVITAR A EXTRACCIÓN CLANDESTINA DE AMEIXA

    • Na comisión de urbanismo deste martes, os representantes populares solicitaron que o concello desbroce a parcela ubicada na Pinela, para facilitar as labores de vixilancia.
    • Tamén pediron información sobre as obras de acondicionamento do miradoiro de Samieira, financiadas pola Xunta de Galicia, e o estado da varanda non homologada.
    • Ademais, trasladaron as demandas de veciños de Combarro pedindo a instalación de paneis informativos en Cidrás e na confluencia das rúas Costa de Arriba e de Abaixo

     

    Poio, 13 de decembro de 2016.- Os representantes do PP de Poio presentaron varios asuntos na comisión municipal de urbanismo deste martes

    En primeiro lugar, a responsable do PP en materia de urbanismo, Rocío Cochón, trasladou ao goberno local a petición das confrarías de que o concello limpe a coñecida como “finca dos curas”, na Pinela (San Xoán), para facilitar as labores de vixilancia e evitar as actividades clandestinas de extracción de moluscos na Seca.

    Cochón recordou que «non é a primeira vez que o Concello se encarga de acondicionar este terreo» e pedíu que se faga á maior brevidade para apoiar ao sector marisqueiro, «tanto para poder controlar a actividade na Seca como para evitar que se oculte nesa finca moluscos recollidos de forma ilícita», algo que foi denunciado en varias ocasións.

    O tamén concelleiro do PP e voceiro para a parroquia de Samieira, Manuel Domínguez, pedíu información sobre as obras de acondicionamento do Miradoiro de Samieira, financiadas pola Xunta de Galicia con fondos FEDER.

    Dominguez interesouse especialmente pola reixa ou varanda do Miradoiro, xa que as obras de mellora deste visitado emprazamento inclúen a sinalización do miradoiro, a instalación de paneis informativos e a substitución do firme en torno a este pasamáns, «pero non a da propia varanda, que segundo o informe do enxeñeiro municipal, non está homologada».

    Domínguez recordou que a realización desta varanda xa foi moi polémica, xa que «encargóuselle a unha empresa de Mos cun custe de máis de 18 000 € e aínda por riba» o técnico municipal determinou que non estaba homologada: «¡Como se non houbese firmas en Poio e mesmo en Samieira que poidesen facer unha reixa como esa, homologada e polo mesmo custe ou menos!»

    Domínguez  cualificou esta remodelación de “positiva e necesaria” pero dixo que é difícil de comprender que se faga unha obra coma esta e se substitúa todo o mirador «que siga cerrado co mesmo pasamáns que non está homologado», e recordou a responsabilidade que isto podería supoñer para o Concello en caso de que alguén se mancase.

    Por último, e antes de finalizar a quenda de rogos e preguntas, Rocío Cochón volveu tomar a palabra para trasladar aos responsables do concello as peticións de varios veciños de Combarro para que se instalen paneis informativos nesa parroquia, en particular no cruce entre o camiño Cidrás e a Travesía Cidrás, no lugar homónimo, e na confluencia entre as rúas Costa de Arriba e Costa de Abaixo, nun entorno densamente poboado, detrás da Igrexa.