Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que o bipartito de Cuntis perde unha subvención de 20.000 euros para contratar persoas en risco de exclusión social

    • Antonio Pena critica “a falta de xestión da concelleira, que non só perde unha axuda importante para favorecer a inclusión e paliar situacións de necesidade, senón que leva meses mentindo sobre a tramitación da axuda”.

     

    Cuntis, 07 de decembro de 2016.- O Partido Popular de Cuntis denuncia que o Goberno bipartito perdeu unha subvención da Xunta de Galicia para contratar persoas en risco de exclusión social e perceptores da Risga, por valor de 20.266,26 euros. O voceiro local dos populares, Antonio Pena, critica a “total deixadez e falta de xestión” da concelleira de Asuntos Sociais, que “non só perde unha axuda fundamental e moi importante para favorecer a inclusión social dos beneficiarios e paliar situacións de necesidade, senón que ademais leva meses mentindo ao PP e aos veciños sobre a tramitación desta axuda”.

    Antonio Pena explica que os populares comezaron a interesarse por esta axuda a principios de xullo, pero que nese momento o alcalde respondeu que non podían entregarlles a información que solicitaban porque a traballadora social estaba de vacacións.

    No pleno de setembro, o PP reclamou ese informe da traballadora social, e recibiron un documento asinado pola concelleira de Servizos Sociais, sen rexistro de entrada nin de saída do concello, no que explica a proposta para contratar dúas persoas perceptoras da Risga e no que sinala que apuntan non recibiron ningunha resposta da Xunta. “Pero a realidade é que a concelleira socialista seguía mentindo e intentando enganar, ocultando que perdera unha subvención para contratar persoas en risco de exclusión social porque enviou toda a documentación fóra de prazo”, denuncia o voceiro popular. O prazo para presentar a documentación rematou o 23 de xuño, e o bipartito presentou a súa proposta quince días despois, o 6 de xullo.

    “Reclamámoslle humildade e seriedade, que recoñeza o seu erro, e sobre todo que pida desculpas e ofreza unha explicación, porque coa súa lamentable xestión Cuntis deixou de recibir 20.000 euros para contratar dúas persoas, pero tamén porque leva meses mentindo”.