Jacobo Moreira: “O PP non vende fume, anuncia o que sabe que vai realizar”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Jacobo Moreira: “O PP non vende fume, anuncia o que sabe que vai realizar”

    Tras as declaracións do Alcalde de Pontevedra sobre os orzamentos autonómicos para o vindeiro ano

    • “Estamos ante unha lexislatura histórica, un nivel de inversión que non se vira antes en Pontevedra”.
    •  Gran Montecelo, edificio xudicial, remodelación edificio Benito Corbal, reforma estación de bus coa intermodalidade, transporte metropolitano e o saneamento da Ría. Todos están comprometidos e dispoñen de asignación orzamentaria.

     

    Pontevedra 7, decembro, 2016.- “O Partido Popular non vende fume,  o Partido Popular vende o que sabe que pode realizar”. Así o manifestou este mércores Jacobo Moreira en referencia aos orzamentos autonómicos para Pontevedra en 2017. “Estamos ante unha lexislatura histórica para a nosa cidade, un nivel de inversión que non se vira antes no noso municipio”, reiterou.

    “Proxectos tan importantes como o novo hospital, o edificio xudicial, a remodelación do antigo edificio de Benito Corbal, a reforma da estación de bus e súa intermodalidade ou o saneamento da Ría, están comprometidos e dispoñen de asignación orzamentaria”, sinalou o presidente local e portavoz municipal.

    Jacobo Moreira lembra que os atrasos no inicio das obras do edificio xudicial producíronse precisamente porque o Concello non puxo os terreos a disposición ata o pasado ano, “se o BNG de Lores realizase a parte que lle correspondía a tempo, as obras xa estarían iniciadas moito antes”, destacou o portavoz municipal quen considera “significativo que o Concello amose queixas ante un proxecto que ten asignados 11 millóns de euros. É un caso inaudito”.

    En referencia ao Gran Montecelo, “quen diga que o millón de euros previsto nos orzamentos son poucos cartos, non coñece o funcionamento da administración”, puntualizou, “o BNG se queixa sempre, en todas as situacións posibles o que vén a demostrar que é un problema de electoralismo, nada máis”, engadiu Jacobo Moreira.

    En canto ao saneamento da Ría, o presidente local sinalou que “hai un millón de euros asignados, unha cantidade significativa, pero lembremos que Ence disporá 15 millóns de euros para a depuradora”. Foi a Xunta de Galicia e o Partido Popular os que esixiron ese compromiso á empresa e o puxeron por escrito. 

    Ademais, estes orzamentos contemplan asignación para a remodelación do antigo edificio da Xunta en Benito Corbal, “recollida en dúas partidas xenéricas, unha destinada a alugueres (4.885.000 euros) e outra de construcións (983.000 euros). Unha vez se avance na tramitación administrativa, se accederá inmediatamente a eses fondos”, recalcou Jacobo Moreira. “a actuación está en marcha, de feito, adxudicouse hai uns meses o proxecto”.

    E contemplan tamén unha asignación para o transporte metropolitano, nunha partida de 2,5 millóns de euros para Pontevedra e Vigo, dos que 210.000 corresponden ao noso municipio. “Esperemos que o Goberno do BNG esté ao mesmo nivel de compromiso co transporte urbano na cidade”, sentenciou Jacobo Moreira.