Lupe Murillo califica os Orzamentos como a demostración de que esta será “unha lexislatura histórica para Pontevedra”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Lupe Murillo califica os Orzamentos como a demostración de que esta será “unha lexislatura histórica para Pontevedra”

    • Os presupostos da Xunta na cidade inclúen máis de 11 millóns para as obras do edificio xudicial, máis dun millón para o Gran Montecelo, un millón para o saneamento na ría e unha previsión cuantiosa para a reforma da estación de autobuses e para o edificio de Benito Corbal.
    • “Os grandes proxectos previstos en Pontevedra dispoñen de partidas orzamentarias e garantizan o cumprimento dos anuncios e a fiabilidade do Partido Popular”.

     

    Pontevedra, 03 de decembro de 2016.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2017 inclúen os grandes proxectos previstos polo Goberno autonómico na cidade de Pontevedra. Así o recalcou hoxe a deputada Lupe Murillo, quen deixou claro que a lexislatura que agora comeza vai ser “histórica” para a cidade. “Nunca antes se puxeron en marcha á vez tantos proxectos de tanto calado social e orzamentario. Falamos dun gran hospital, dun novo edificio xudicial, da reformulación do edificio de Benito Corbal, do saneamento da ría e da ambiciosa renovación integral da estación de autobuses, incluída a súa intermodalidade. Todos teñen cabida nestas contas públicas”.

    Murillo desgranou as principais partidas que o proxecto de lei dos Orzamentos incluirá para o ano que vén. Entre elas destacou os 11,25 millóns previstos para as obras do novo edificio xudicial da Parda, na que será a partida máis grande destinada á cidade nas contas. Este proxecto é o que está máis avanzado e os traballos xa son visibles para os veciños de Pontevedra. “Suporá un cambio fundamental para as infraestruturas xudiciais da cidade, unha mellora absoluta coa dotación dun edificio moderno e funcional que será unha realidade en pouco tempo”, sinalou.

    Pero tamén haberá grandes partidas para os outros proxectos da Xunta de Galicia que se están a desenvolver en Pontevedra. Capítulo aparte merece o Gran Montecelo, o proxecto que blindará o futuro sanitario non só de Pontevedra, senón da área norte. Aínda que todavía está nunha fase inicial, recibe un millón de euros nas contas públicas. “É a demostración clara de que o compromiso co futuro sanitario desta cidade é claro. A Xunta desatascou o que estaba atascado e plásmao sen demora nos orzamentos. Non queremos perder nin un segundo”, sinalou Murillo.

    Tamén é de salientar o preto dun millón de euros destinado pola Consellería de Medio Ambiente a actuacións no eido ambiental, que se adicarán á mellora do saneamento na ría, ou a remodelación do edificio de Benito Corbal, “que terá acceso inmediato ás partidas xa previstas pola Consellería de Facenda segundo se vaia precisando e vaia avanzando a tramitación administrativa do proxecto, que xa foi adxudicado e que agora mesmo está en fase de redacción”, segundo sinalou a deputada autonómica.

    Outro dos grandes proxectos desta lexislatura será a reforma da estación de autobuses e a súa conexión coa estación de tren mediante a intermodalidade. A Xunta aínda está perfilando algúns detalles da actuación, pero o proxecto xa recibe 100.000 euros nas contas do ano 2017. En 2018, cando a tramitación administrativa avance, serán 500.000. E en 2019, dous millóns e medio.

    Para Murillo, os presupostos demostran o compromiso da Xunta de Galicia coa cidade e o peso que a capital da provincia ten dentro do Executivo autonómico, “algo que non é un detalle menor”. “Garanten o cumprimento dos anuncios feitos nos últimos meses e a fiabilidade do Partido Popular”, sinalou, antes de avanzar que ao longo desta lexislatura se iniciarán os proxectos anunciados durante a campaña electoral, como a nova residencia de maiores, un pavillón para ximnasia e a variante de Alba.