Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica que Carmela Silva faga agora de voceira dos alcaldes populares mentres leva meses negándolles diálogo

    • Nidia Arévalo considera que esta é unha mostra máis “da demagoxia e das mentiras” do bipartito provincial.
    • “Segue sendo un mal plan porque nace de costas aos alcaldes desta provincia, que piden desde hai meses sentarse para falar e facer propostas para o reparto dos fondos provinciais”, engade.

     

    Pontevedra, 02 de decembro de 2016.- A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, sorpréndese de que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “teña a desfachatez de facer agora de voceira dos alcaldes populares e dicir que están encantados co reparto de fondos provinciais, mentres leva meses negándolles diálogo”.

    Nesta liña, Nidia Arévalo considera que as declaracións que fixo esta mañá Carmela Silva “son unha mostra máis da demagoxia e das mentiras” do bipartito provincial. “É incapaz de ser voceira dos alcaldes socialistas da provincia, canto menos cos do PP, aos que a moitos aínda non coñece a día de hoxe, e aos que negou por activa e por pasiva sentarse con eles nunha reunión para falar, precisamente, do reparto dos fondos provinciais”, sinala.

    Ademais, recórdalle Nidia Arévalo, que non só son os alcaldes populares os que se amosaron críticos con este plan, “a diferencia é que uns o fixemos publicamente e o resto por privado, e proba disto é que este debe ser este o primeiro exitazo da historia que tivo que ser modificado cun plan complementario que, insistimos, son fondos de libre disposición repartidos pola presidenta desde o seu despacho”.

    A falta de ter máis datos dos que ofreceron esta mañá en rolda de prensa, Nidia Arévalo entende que “este segue sendo un mal plan, porque nace de costas aos alcaldes desta provincia, que desde  hai meses están pedindo unha reunión e diálogo para facer as súas propostas, e porque os concellos continúan recibindo 20  millóns menos que anos anteriores”.

    “Os alcaldes somos xestores de unha administración moi próxima aos veciños, coñecemos as súas necesidades e as aportacións que poidamos dar son moi importantes e deberían terse en conta, máis cando a metade dos alcaldes da provincia estamos reclamando diálogo e unha reunión coa presidenta da Deputación”, conclúe.