Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP CRITICA QUE CARMELA SILVA VEÑA A VILAGARCÍA A “RIRSE DOS VECIÑOS” TRAS DISCRIMINALA DENDE A DEPUTACIÓN CO INVESTIMENTO MÁIS BAIXO DA PROVINCIA

    • Os populares lamentan que Alberto Varela demostre “a súa febleza política e dea a calada por resposta” ante o abandono do organismo provincial á terceira cidade de Pontevedra e “sexa tan valente con críticas extemporáneas e partidistas” fronte á Xunta, que ten en marcha 60 millóns de euros en investimentos para os vindeiros 15 meses

     

    Vilagarcía de Arousa.- 16 de marzo de 2023. O Partido Popular de Vilagarcía de Arousa lamenta que a Presidenta da Deputación de Pontevedra veña a rirse dos veciños intentando alardear da inversión do ente provincial máis baixa na provincia. “Por desgraza, somos os vilagarciáns os cidadáns da provincia de Pontevedra que menos inversión recibe”, sinalan os populares que tamén afirman que, “si non fora pola Xunta de Galicia, Vilagarcía seguiría parada por un goberno socialista que só busca complacer o seu ideario”.

    A candida á alcaldía, Ana Granja sinala que, “a Xunta de Galicia ten en marcha inversións por valor de 60 millóns de euros para os vindeiros 15 meses, é dicir, invirte catro veces máis en 15 meses, que a Deputación de Pontevedra en oito anos”.

    Dende a formación conservadora afirman que “o feito de repetir mil veces unha mentira esta non se converte en verdade, e por desgraza o certo é que somos a vila que menos inversión recibiu dende a Deputación de Pontevedra”. Ademáis para o PP de Vilagarcía é moi chamativo que o alcalde socialista non reclame aos seus compañeiros de partido o apoio que a terceira cidade da Provincia se merece.

    “O alcalde demostra unha vez máis que el só defende ao PSOE e nunca, absolutamente nunca, aos vilagarciáns, porque o seu silencio ante a discriminación da Deputación é clamoroso e demostra que non ten personalidade para reclamar o que nos corresponde”, lamentan dende o PP.

    Os populares, que lembraron que a Deputación só adicou a “pírrica” cifra de 58 euros por habitante ao ano a Vilagarcía nos oito anos de Carme la Silva, non comparten que o organismo provincial “destine máis cantidade, en termos brutos, que o recibido nestes oitos anos por vilas como Ponteareas e Tomiño, que tamén son vilas importantes”.

    Tamén declara Ana Granja que “a Deputación está para apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia, pero o bipartito PSOE-BNG leva oito anos priorizando os investimentos coas duas principais cidades da provincia”. Granja non ten reparo en dicir que “temos ao inimigo na casa. Ao alcalde conténtano coa presidencia da Fegamp e esquécese de reclamar o que lle pertenece aos seus veciños”.

    “Cando a presidenta da Deputación fala de Vilagarcía como referente nótase moito que non vive aquí porque, por desgraza, a nosa cidade leva oito anos de retroceso co goberno socialista. Isto tradúcese en perda de oportunidades, tráfico insostible, con moitas dificultades para aparcar, unha economía menguante, unhas instalacións deportivas en estado deplorable, unha inseguridade crecente e preocupante... en definitiva, estamos ante un goberno que non funciona”.

    Sinala a candidata do partido popular que, “si a Deputación de Pontevedra se implicase en apoiar a cidade como o fai a Xunta de Galicia, hoxe estaríamos falando dun dos principais motores económicos de Galicia. Vilagarcía ten un potencial que o goberno socialista de Alberto Varela non sabe xestionar”.