Javier Bas: “Presentamos un equipo ilusionado e con experiencia para recuperar as sinerxias que se perderon os últimos anos en Redondela”
- O candidato do Partido Popular á alcaldía de Redondela, Javier Bas, defende “unha Redondela da que todos estemos orgullosos”, e por iso ofrece unha proposta que está á altura do que precisa o cuarto concello da provincia: “estamos elaborando unha candidatura con moito talento, no que están os mellores para gobernar a partir de maio. Presentamos un equipo ilusionado, con experiencia e con ganas para recuperar as sinerxias que se perderon nos últimos catro anos no noso concello”.
- “Redondela estaba despuntando en 2019, con proxectos importantes en marcha que se frenaron. Tiñamos prestixio a nivel institucional e en materia de transparencia; en infraestruturas estabamos desenvolvendo proxectos interesantes para o concello… e quedou todo parado. Somos o cuarto concello da provincia de Pontevedra, Redondela ten un percorrido moi grande, hai que defender e traballar nesa liña”.
- Aínda que “falar dun mesmo non é fácil”, Bas defínese como un choqueiro recoñecido “porque o mellor choco do mundo está en Redondela”, aínda que destaca que na mesa caben ben “os chocos, os mexilóns e de postre, a empanada de mazá”. Pero tamén se considera moi traballador, unha persoa empática e que prioriza moito as súas relación familiares e de amizade. “Hai que dedicar moito tempo á familia e aos amigos, porque as relacións humanas son as que van a perdurar. Son a base que hai que cultivar por, do contrario, sería perder unha parte importante da túa vida”.
- De Redondela gústalle todo, “pero si teño que sacar peito por algo, é pola súa xente. Somos moi hospitalarios”.
- Cando saca o seu traxe de político dedica o seu tempo a camiñar, ver películas e escoitar música heavy. Pódeno atopar no Resurrection Fest, pero tamén no Berete Rock, un festival máis modesto pero o importante é que é en Chapela. Tamén xoga ao xadrez, unha herdanza do seu pai que tamén lle trasladou aos seus fillos.
- Unha das ensinanzas que destaca é a que lle mostraron as persoas non oíntes e a lingua de signos: “Este colectivo ensinoume moitas cousas que eu descoñecía. Non só lingua de signos en si, senón todas as ventaxas que ofrece para estimular a memoria, para as habilidades sociais… É importante romper as barreiras na comunicación, e por iso cando eu era alcalde organizamos formacións para mellorar e facilitar a comunicación coas persoas xordas a varios niveis, tamén na administración”.
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS
- O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.
- A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías
Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: //www.youtube.com/@ppdegalicia">https://www.youtube.com/@ppdegalicia>
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html