Tras a decisión do IGN, o PP de Poio pide a Sobral que se reúna co alcalde de Pontevedra para negociar o futuro do territorio ratificado como poiense

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Tras a decisión do IGN, o PP de Poio pide a Sobral que se reúna co alcalde de Pontevedra para negociar o futuro do territorio ratificado como poiense

    • Tras a decisión do Instituto Geográfico Nacional favorable a Poio, os populares queren que se solicite unha reunión co goberno da capital para discutir o futuro dos terreos que o Instituto confirmou son parte de Poio.
    • Para o PP, que a base dos bombeiros municipais de Pontevedra estea situada en Poio non é un inconvinte e agardan que esta nova situación leve á sinatura dun convenio para que actúen nas incidencias no concello.
    • O Partido Popular felicita aos veciños que se mobilizaron e deron voz a Poio, nunha manifestación cuxo percorrido ratifica o IGN.

     

    Poio, 1 de decembro de 2016.- A noticia sobre a resolución do Instituto Geográfico Nacional sobre os lindes entre Poio e Pontevedra foi recibida con moita satisfacción na sede do PP poiense: «É unha gran noticia para Poio, e agardamos que comecen axiña as conversas para ver como pode beneficiar aos veciños a partir de agora», dixo o voceiro do PP de Poio Ángel Moldes, un dos principais abandeirados da corrección dos lindes.

    Moldes pediu ao alcalde Sobral que se reúna «o antes posible» co goberno de Pontevedra, do BNG, para negociar as consecuencias do novo deslinde, en particular no referido á base dos bombeiros municipais de Pontevedra, que queda situada definitivamente en Poio: «Levamos anos advertindo desta situación e esixindo ao bipartito que negociase un convenio co concello de Pontevedra para que o servizo municipal de exinción de incendios actúe en Poio, considerando que a súa base está dentro do noso municipio».

    Agora que a resolución ven a confirmar a postura dos populares, Moldes agarda que haxa unha contraprestación a esta rareza histórica: «Non é un inconvinte, máis ben todo o contrario. O lóxico é que agora se asinase por fin un convenio de colaboración entre os dous concellos para que presten servizo en Poio cando haxa unha emerxencia no noso Concello».

    «Pese a actitude dócil que mantivo o bipartito durante todo este conflicto, supoñemos que por medo de non incomodar ao sr. Lores, esperamos que de agora en adiante o alcalde de Poio esixa ó goberno de Pontevedra o mesmo que esixiría a calquera administración rexida polo PP», explicou o voceiro popular: «Os bombeiros non nos molestan en absoluto, e se queren continuar aí, benvidos sexan, pero é o momento de sentarse e chegar a un acordo que beneficie aos veciños de Poio».

    «Somos o único Concello con parque de bombeiros pero sen servizo de bombeiros. O parque de bombeiros leva case 30 anos en Poio sen compensacións nin contrapartidas, e non temos problema para que sigan aí pero haberá que chegar a un acordo xa para que compensen esa hospitalidade histórica do noso Concello de forma que dean servizo aos veciños de Poio».

    Ademais, Moldes quixo felicitar «a todos os veciños de Poio que se mobilizaron e deron voz a todo un concello», a última vez en abril de 2013 cando máis de 20 asociacións e o PP de Poio defenderon o mapa agora confirmado polo IGN coa ausencia dos membros do bipartito: «Os veciños saíron á rúa para defender a un pobo desde o Castrove ata a ría, e fixeron un percorrido por territorio que xa sabiamos que era de Poio pero arestora o IGN o ratificou».